6/5/18

Cinco mil primeiros quilómetros de bici


Actualicemos o blog co gallo de ter feitos os primeiros 5.000 kms coa bici.

Desde que a principios do verán 2017 houbo consello médico para usar bici e natación… púxeme a iso. 

Verán gozando das tiradas e das vistas, con centro en Louro (Muros): 
Fisterra desde o alto de Gures 

Ponte Nafonso


Praia de Carnota e Fisterra desde o alto das Paxareiras

Houbo tempo para compartir (Jaime, Laura, Jesús…) tiradas polos montes de Muros coa fermosas vistas sobre Carnota o sobre a Lagoa de  Xarfas

Praia de Carnota ao fondo

Desde Louro, Area Maior e Lagoa dasXarfas

Tamén  houbo un día “moi especial” con  Maite pola beira norte da Ría de Arousa.
En Castiñeiras, antes do "incidente"

Despois do verán continueille coa bici e a natación.

En decembro houbo artroscopia da cadeira dereita para solucionar o seguinte: 

"Conflito  fémoro- acetatubar de cadeira dereita. A nivel central: rotura de  labrum e pequena  condromalacia grao III marxinal á lesión. A nivel periférico: xibectomia ata  obxectivar ausencia de rozamentos".

Primeiras semanas con muletas e bici estática sen resistencia, logo exercicios en piscina. Regresar de novo con Bea e Hugo de ATP, adestradores personais, e máis piscina, ximnasio e, sobre todo, máis bicicleta, sempre co bo “apoio” (xogo de verbas) de Miriam.

Quilómetros para gozar das vistas:
Ría de Betanzos

 Quilómetros para gozar do noso patrimonio:

Mosteiro de san Salvador de Bergondo

Capela de san Gregorio de Bergondo

Torre de Celas de Peiro en Culleredo


Santa María de Dexo en Oleiros


Nosa Señora do Camiño en Betanzos

 Pedrafita ou Marco da Anta en A Laracha

E quilómetros para gozar da compaña de Laura, Julio e Álvaro:
En Centroña (Pontedeume)

 Con tempo para algún que outro café:

E así ata os 5.000 kms onde, por fin, parece que a molestia da operación é cousa do pasado. Hai outras molestias que estanse encabronando, que casualidade que sexan as mesmas que había antes da operación. Pero agardo que unha nova xanela váiase abrindo... e o Gran Fondo Ézaro agardando...

1 comentario:

  1. Casino City - Mapyro
    Casino City 진주 출장안마 in San Francisco, CA from Mapyro. 광주광역 출장마사지 Browse Casinos, Bistro, Play Games and restaurants in San Francisco, CA for 거제 출장샵 your next 인천광역 출장샵 gaming 동두천 출장샵

    ResponderEliminar

Grazas por deixarme a túa opinión