Cun
adestramento o luns de 6 km e outro o xoves de 15, sorpresivamente marchei facer a III Media Maratón de Xixón o sábado. No total semanal foron 42 km.
Pois
efectivamente, despois dunha chamada telefónica para desexarlle sorte a
Raúl na media de Xixón, sorpréndeme ao dicir que vai so. Que ninguén o
acompaña, nin tan sequera Chema que fixera a inscrición. Tras contarllo á xefa
da casa, recibín a orde, que cumprín con moito gusto, de acompañar a Raúl ata
Xixón, non fora ser que fixera algunha loucura.
Da
viaxe mellor non contar moito, fica no segredo do sumario. Xa sabedes como é
Raúl, pura improvisación…
Despois
de recoller os dorsais e pasearnos pola feira do corredor, desprazámonos ata o
centro para xantar nun italiano. Aproveitamos a ocasión para encher o coche de
sidra e outros produtos tipicamente asturianos. Rexeitou a miña idea de xantar
unha estupenda fabada.
Fixemos
a sobremesa no estadio de Las Mestas, nas bancadas, tomando o sol. Como non
había posibilidade de chegar tarde, fixemos o quecemento dun xeito moi rigoroso
o profesional. Momento no que lle digo á miña parella que dáme unha preguiza
tremenda poñerme a participar nunha proba ás seis tarde dun espléndido sábado, que aínda non teño a cabeza para esa distancia.
Colocámonos
no caixón de saída de 1.45´ xa que este era o tempo que tiña previsto facer
Raúl. Tiven que soportar as súas queixas pois quería que me fora para máis
diante. Despois do minuto de silencio polas vítimas de Boston, iniciamos outra
media máis.
Creo que nunca saíra tan atrás nunha media. Despois dos primeiros trescentos metros
acompañando ao Mariscal, iniciei a miña andaina con obxectivo ben claro: ir de
menos a máis e sen agotar nunca as reservas. Desde a Behobia de novembro non
voltara ao asfalto na distancia e os adestramentos realizados en abril son de
iniciación de temporada tras varios meses lesionado.
Fago o
primeiro quilómetro en case seis minutos (debe ser o meu quilómetro en competición máis lento). No quilómetro un, collo ao globo de
1.45', no dous e medio ao de 1.40' e no cinco ao de 1.35'. Vou contento coa progresión.Vou comodamente
adiantando xente por onde podo (mediana, beirarrúa…) Imos protexidos do forte
vento do Cantábrico e baixo un sol de importancia. Ao chegar á praia de san
Lourenzo collo ao grupo de 1.30. O nordés sopra cunha forza do carallo. Sen
présa pero sen pausa continúo adiantando corredores. Creo que paso o quilómetro
10 en 42.30´´. Sorpréndome pola miña exactitude xa que era ise tempo o que quería
facer. Tocaba agora comprobar se había forzas para manter o ritmo ata meta.
Ao seren
unha proba netamente urbana, había moitísimo público e como ademais é
absolutamente plana, fai que sexa unha carreira moi fermosa e recomendable.
Continúo
pasando corredores pero cada vez son menos. Fago o macarra todo o que quero:
saúdo ao público, toco as palmas con canto cativo hai…
A
partir do 17 pasaranme catro corredores. Penso, só catro, que ben!. A meta é no
estadio de Las Mestas. Non teño forzas para aumentar o ritmo pero si para
defender a posición e pasar aínda a máis corredores. Fermosa meta.
Venceu
Chema Martínez con 1.06.06´´.
Fago
1.29.36´´ de tempo neto, regreso a tempos do 2004 na Vig-Bay, já, já... Entro de
380 sobre os 1.800 chegados e de 19 na categoría.
Recollo
a bolsa do corredor de Chema e facendo os alongamentos agardo por Raúl. Non
conseguiu a marca desexada.
Tras a
ducha e as chamadas telefónicas ás familias iniciamos o regreso cunha parada
técnica en Mondoñedo para cear. O xefe
deixome tomar dúas cañas.
Fermosa
experiencia de regreso á media, moito antes do previsto.
eres un gran amigo.Raúl estará orgulloso, yo tambiénnnnnnn . Besos
ResponderEliminar