Actualicemos o blog co gallo de ter feitos os primeiros 5.000
kms coa bici.
Desde que a principios do verán 2017 houbo consello médico
para usar bici e natación… púxeme a iso.
Verán gozando das tiradas e das vistas, con centro en Louro (Muros):
Verán gozando das tiradas e das vistas, con centro en Louro (Muros):
Houbo tempo para compartir (Jaime, Laura, Jesús…) tiradas
polos montes de Muros coa fermosas vistas sobre Carnota o sobre a Lagoa de Xarfas
Praia de Carnota ao fondo
Desde Louro, Area Maior e Lagoa dasXarfas
Tamén houbo un día
“moi especial” con Maite pola beira
norte da Ría de Arousa.
En Castiñeiras, antes do "incidente"
Despois do verán continueille coa bici e a natación.
En decembro houbo artroscopia da cadeira dereita para
solucionar o seguinte:
"Conflito fémoro-
acetatubar de cadeira dereita. A nivel central: rotura de labrum e pequena condromalacia grao III marxinal á lesión. A nivel
periférico: xibectomia ata obxectivar ausencia de rozamentos".
Primeiras semanas con muletas e bici estática sen resistencia, logo
exercicios en piscina. Regresar de novo con Bea e Hugo de ATP, adestradores personais, e máis piscina, ximnasio e, sobre todo, máis bicicleta, sempre co bo
“apoio” (xogo de verbas) de Miriam.
Quilómetros para gozar das vistas:
Ría de Betanzos
Mosteiro de san Salvador de Bergondo
Capela de san Gregorio de Bergondo
Torre de Celas de Peiro en Culleredo
E quilómetros para gozar da compaña de Laura, Julio e Álvaro:
En Centroña (Pontedeume)
E así ata os 5.000 kms onde, por fin, parece que a molestia da operación é cousa do pasado. Hai outras molestias que estanse encabronando, que casualidade que sexan as mesmas que había antes da operación. Pero agardo que unha nova xanela váiase abrindo... e o Gran Fondo Ézaro agardando...