Tras unha semana moi pobre en adestramentos (unha sesión de
natación e dúas de trote) e coa presenza da alexia primaveral, fun ata A Silva
en Cerceda para darlle gustiño ao corpo no seu dez mil e tratar de aumentar o ritmo en
carreira. Lembrade que o domingo pasado fixera a 4.24´´ o km con Inés.
Pois nunha mañá fría e con vento, no campo da feira das
Nenas de A Silva e despois dunha boa cantidade de probas dos cativos e cativas,
tocábanos ao adultos. Compartín liña de saída con Inés e con Mónica que xa
fixera o sábado a de Oroso e o unas minutos antes a proba de Implicadas en
Oleiros (esta rapaza non para)
Saín uns metros con Inés con desexos de aguantar con ela uns
centos de metros pero… foime imposible. Na primeira e suave costa xa fun
aumentando o ritmo. Trato de contar visualmente en que posición vou e calculo
que na 25. Cando vexo o rótulo do primeiro quilómetro leveime unha boa
sorpresa: ía por baixo de catro minutos. Vou pasado xente a o quilómetro 3 onde
fico na posición 20.
O percorrido, como veredes na imaxe, é un autentico
quebra-pernas. Como ata o quilómetro cinco pica máis para abaixo, o ritmo é bo,
e paso por baixo do 20 minutos, mais xa me adiantaron un par de corredores.
Coas posición moi estabilizadas chega a subida no quilómetro sete e medio…cajo na cona, que subida!!!, parece
a nosa de Liáns e pero aínda máis longa. Semella que vou coller a alguén… mais
nada. De aí ata a meta gardo a posición.
Entro en 41.30´´ a 4.09´´ o quilómetro (a Federación publica que a 4.22´´ nos resultados). Contento porque a proba é moi dura e aínda non estou para sufrir na subidas.
Entro en 41.30´´ a 4.09´´ o quilómetro (a Federación publica que a 4.22´´ nos resultados). Contento porque a proba é moi dura e aínda non estou para sufrir na subidas.
Axiña chegou Inés, e logo Mónica.
O ambiente foi estupendo e na meta tíñannos preparado chocolate, biscoito froita e bebida. Unha organización boa e feita con moito
agarimo.
Tivemos que agardar polos trofeos xa que Inés quedou de 3ª
na absoluta e eu de 18 e de 3º na categoría.
As pernas están cansas e a pubalxia case desaparecida. Isto
comeza a ter boa pinta.
Alégrome moito de compartir a túa volta a este mundillo.
ResponderEliminarVerte tan contento anima aínda máis si pode ser.
Vemonos en arteixo pero a modiño