26/8/09

Chegaron aos mil quilómetros: mil grazas



No día de hoxe, as ASICS STRATUS-2 chegaron, sobradamente, aos mil quilómetros (habitualmente os meus quilómetros sempre teñen máis de mil metros). Gañáronse a xubilación.

MIL QUILÓMETROS. MIL GRAZAS

Foron varios meses de adestramentos, de percorrer Oleiros para arriba e para abaixo, de facer series no Paseo do Burgo e entre a rotonda de Nirvana-Ché e a do Haley; de facer tiradas longas os domingos e amenas os venres co Mestre e coa nosa Keniata. En Agosto o fermoso Monte Louro ficou aburrido de velas case todos os dias, ao igual que a estrada entre Muros e Lariño.

Tamén foron meses de competicións. Coas ASICS STRATUS-2 fixen as mellores marcas na Vig-Bay (1.22.03´´, o 29-III-09) e no MAPOMA (2.59.27´´, o 26-IV-09)

O menos que lles podo facer a estas zapatillas é esta pequena homenaxe.

Que gañas teño de estrear as novas...

24/8/09

Carreira das Areas: collendo a posta a punto


O pasado sábado, 23 de agosto, os dous medio muradanos do Club participamos na Carreira das Areas en Carnota. A organización marcou un dez mil aínda que a distancia recorrida non chegou aos nove quilómetros. A área da praia de Carnota estivo mellor que nunca grazas ás mareas vivas corremos sempre por zona mollada, mesmo ás veces, con algo de auga.

Tras as probas dos cativos, e con algo de retraso sobre o horario previsto, é que é realmente unha carreira popular, deuse a saída. Cando o vento nun daba en contra faia un sol de carallo pero fomos situándonos nos nosos lugares de carreira e devorando con tranquilidade os quilómetros (estamos iniciando a tempada e hai que darlle tempo ao tempo). Os dous fixemos segundo o previsto e contando co apoio da familia de Blas (Señor Presidente a fotógrafa Raquel é xa membra do club?)

Por primeira vez nesta proba contamos na meta con bizcoito, bebidas e agasallos (mochila e camiseta) e tamén por primeira vez contouse coa colaboración de Cronotec (parece que as críticas que recibe por todos lados son merecidas). Cando teñamos os resultados, subirémolos. Tan só avanzar que o Cronista quedou de 12 na clasificación xeral e 4º na súa categoría mentres que Pura Vida fixo 36 na xeral e 18 na categoría.

Resultados.

Un fermoso sábado na praia.