31/12/08

Ares-Mugardos-Ares


Menuda inocentada verme durante os primeiros mil metros no pelotón de cabeza!!!.
É que veredes, como fun ata Ares con persoas serias e responsables (O Mestre e O Triatleta, logo veríamos a outros membros do club e achegad@s) chegamos con tempo dabondo para recoller os dorsais, facer o quecemento, estiramentos, visita turística á igrexa románica de santa Eulalia de Lubre (veredes a reportaxe no blog de arte INICIARTE), saudar aos amigos e amigas (Fernando, acompañado por Teresa, estivo insistindo no cambio de club).



Tanto tempo tivemos que mesmo cheguei, case sen querer, a colocarme na primeira liña de saída. Prudentemente din un paso atrás e quedei na segunda. Tras o pistoletazo, saín amodiño (a experiencia comeza a ser un grado) pero ninguén quixo tirar forte, en consecuencia, durante os primeiros mil metros estiven co grupiño que comandaba a proba. E canto ía comezar a subida deixei que xente máis nova collera a responsabilidade de estirar o pelotón, permitindo que uns vinteún atletas pasaran diante e me foran abrindo camiño. Tras culminar o porto, non permitín que ninguén máis vira o nome do meu querido club na parte dianteira da camiseta.


Desde alí ata meta, tranquilamente, gardando a posición e procurando facer un entreno de calidade (xa sabedes que os domingos toca tirada longa e non estas caralladas de 10 quilómetros) cun resultado de 37 minutos e 11 segundos.


Como empeza a ser unha tradición, durante o percorrido a nosa fotógrafa (case) oficial (pertence xa ao club, señor presidente?) tivo a ben obter algunhas instantáneas dos corpos amarelos.

Os outros membros do club na súa habitual liña: O Triatleta collendo a forma, o Mestre ligando, o Camiñante Montañeiro achegándose aos catro minutos por quilómetro. Pero sen dúbida o mellor foi o ambiente, a confraternidade no pavillón, o sorteo de cestas de Nadal, a auga quente das duchas e os xa tradicionais pinchos.

Fantástica organización, parabéns.

Na liña de saída e da meta podemos comprobar, unha vez máis, o prestixio que xa ten o noso club e o seu sitio web. Moitas grazas a cantos visitades esta humilde bitácora.


Máis fotos no álbum de Blas.

Xa publicaron os resultados: alguén máis idade que o cronista quedaría por diante del?

22/12/08

Lugo Monumental

Pues sí, qué estrés Raquel.

Estrés al desplazarnos hasta Lugo en un domingo tan frío como el del 21 de diciembre.

Estrés al comprobar cómo nos cortaron alguna calle y tuvimos que aparcar más lejos de lo previsto.

Estrés al pensar que tan sólo teníamos 25 minutos para recoger los dorsales, calentar, estirar y ponernos pronto en la línea de salida.

Estrés al no encontrar por ningún lado de todo Lugo al Comensal Austero y los dorsales (¿Dónde estará mi dorsal? parece que nos cantaba Manolo escobar)

Estrés al estar desaparecido el Farmacéutico Veloz, menos mal que en la línea de salida alguien generoso le pudo colocar el dorsal.

Estés de la fotógrafa al buscar los mejores sitios siguiendo las indicaciones (¿órdenes?) de Pura Vida.

Estrés de los corredores al volver a comprobar que volvían a salir desde muy atrás y que, otra vez, perderían treinta segundos en la salida.

La carrera, lo único relajado. Fuimos a Lugo a disfrutar de un recorrido precioso y rapidillo. Cada uno hizo la carrera como pudo y casi todos acabamos contentos (no sé si los cojos opinarán lo mismo)

Estrés al terminar la carrera, buscar las duchas, encontrar un sitio, pero, oh sorpresa había agua caliente (dicen las malas lenguas que en casa del Farmacéutico Veloz sólo tenían agua fría)


Estrés en la zona de trofeos. ¿De que habrá terminado la keniata de Montrove? ¿Tendría la Keniata Blanca su merecido y habitual premio? Los esfuerzos de la protagonista y del del triatleta-libre dieron resultado: PRIMERA DE SU CATEGORÍA.

Estrés en la recogida de premios: por fín, la estrella del club iba “vestida” gafas de sol incluidas.Y del xantar qué? Puro estrés.



Eso no se le hace a nuestro querido y nunca suficientemente amado Presidente. Al parecer hubo un intento, serio, de un club lucense por hacerse con los servicios de nuestros atletas a cambio de equipación (eso sí, una equipación de carallo) En todo el cocido (uhmmmmmm) el único tema de conversación fue la calidad de chuvasquero de ese innombrable club de Lugo.

Afortunadamente nuestro Presidente se resistió a la presión comercial de Mercedes y no nos compró nueva equitación en Lugo. Seguro que algún día contaremos con chándal, zapatillas nuevas, camisetas de manga larga y chuvasqueros con forro polar.

¡Qué estrés, Raquel!




Crónica de El Progreso.

Para ver todo el álbum de Pura Vida, clicar aquí.

Para desacargaros el ámbum de esta entrada, clicar aquí.

25/10/08

Que cara!!!

Por petición popular, colocamos hoxe este magnífico exemplo de entrega e do esforzo deportivo nos últimos metros dun atleta do noso club. Último quilómetro en 3.42´´
Que cara! Que rostro! Que esforzo! Que paixón polo deporte!
Pero... mira que eres feo...


13/10/08

A Coruña-10: 2008

Non podemos seguir así. As presións que estamos soportando os/as atletas deste club están comezando a ser insoportables. CaixaGalicia presiona para patrocinarnos. O BBVA insiste en ofertarnos nova equipación e o pago de dietas de desprazamento a carreiras e de manutención. Ata cando aguantaremos as promesas do noso presidente?





Na Carreira A Coruña-10 houbo unha nutrida participación do club (u-lo presidente?). Os magníficos resultados estiveron en relación coa cantidade de quilómetros que se fan nos entrenos.







Todas as fotos nesta ligazón (grazas Blas)

28/8/08

Tempada de verán

Mientras tanto, y en su retiro estival, el jefe del Gabinte de Prensa del Club, participó en la "Carreira a pé Mar de Lira" el pasado 16 de agosto. Probablemente por estar leyendo la última novela de Eduardo Mendoza (El asombroso viaje de Pomponio Flato ) padeció un fuerte ataque de flato que le impidió esprintar por lo que no pudo pillar a un chavalín de treinta y tantos. El resultado 3º en su categoría y 8º en la general, tardando 30 segundos más que el año anterior.



Posteriormente, el 23 de agosto, se estrenó en la Carreire Pedestre Popular de Noia con un recorrido muy próximo a los 8.000 metros (tal vez 7.850). El tiempo realizado fue de 30.08´´, siendo el 31º en la clasificación general, sobre 207 participantes, y el 6º en la de veteranos B. Otra vez con flato, siendo adelantado por dos fornidos atletas (que podéis ver en la foto de la derecha) de su categoría en el último kilómetro.






Esperamos que, a partir de ahora, se reintegren a la lucha los que, por una u otra causa, se creen que el mes de Agosto es para vacacionar. ¡QUE NO!

15/6/08

Milla de san Valentín (Fene)





¿Que facer un domingo mollado de xuño? Pois participar na XIV Milla Urbana de San Valentín (Fene). Allá nos fumos "O famacéutico veloz" e "O cronista". Chegamos a tempo, quecimos os músculos fenomenalmente (sen os agobios típicos no noso club) e cun suave orballo dispusémonos a correr os 1.600 metros.
Nunca correra tal distancia. Menos mal que era dúas voltas e o que fixen foi ir controlando na primeira e apurar na segunda.



Resultado:

2º Puesto en súperveteranos

3º Puesto en veteranos.





5/5/08

Maratón de Madrid 2008: 3.16.20´´


Acompañado pola Keniata de Montrove e o Triatleta, iniciei a miña segunda experiencia no MAPOMA. E cando as cousas non empezan ben... ben non ían rematar. Chego un pouco tarde a Madrid e xa no vou a recoller o dorsal o sábado pola mañá. Como cos colegas e a súa familia. Comprobo a maleta: falta o pantalón deportivo. Recollo o dorsal. Teatro, cea de pasta e a descansar.

O domingo facemos as fotos de rigor. Colocámonos xuntos na saída. Desexando, especialmente sorte á Keniata.

Os primeiros quilómetros os fago co Triatleta. No sete, voume so. As sensancións son boas. Tiro dun xeito moi controlado. Para a mexar no 21 e... non son quen de volver coller o ritmo, as pulsacións se disparan, as pernas non van. A partir do 30 veñen os mareos, párome. Cóstame un mundo continuar. Pásame o Triatleta. Menudo estreo leva, alégrome por el. Sufro, sufro, sufro. Voume parando...

Entro na meta. Chamo a Isa e dígolle non me deixe inscribirme noutra maratón. Agardo polos meus colega e non dan aparacido, preocúpome... estaban nas masaxes...

Finalmente fixen 3.16.20´´; 125 na categoría; 803 na clasificación xeral. Mellorei algo con respecto á edición anterior.