Ata o
20 de agosto levaba acumulados 214 km. Ese día, no medio dunha tirada de 18 km
con Pili o tren inferior da perna esquerda dixo basta. Descanso dun día, proba
ao día seguinte (só 7 km) e decisión de parar e ir a un fisio. Malleira brutal
nunhas novas mans (a miña Paloma está de vacacións) e nas dúas pernas. Os
xemelgos e sóleos está feitos un desastre. Hai que parar e recuperalos. Remato
o mes con 251 km.
XXIV Carreira das Areas de Carnota
Aproveitando
a invitación para sardiñada o sábado (foi churrasco) e callos o Domingo, un
grupiño de corredores veteráns foi ata Muros e desprazouse ata Carnota para
participar na proba máis fermosa de Galicia, a Carreira das Areas. Xa son
moitos anos participando nela pero, nesta ocasión, foi realmente novidosa para
min.
Despois
de tirar algunha foto cos máis puntuais (nos que saíron nesta) chegaron tarde,
inicie o quecemento con Julio para amosarlle o inicio, e sobre todo, o duro
remate da proba. O día amecera sen chuvia pero con moito bochorno. Saúdamos aos
a amigos e iniciamos a proba. Saio cómodo e sorprendentemente rápido, menos de
3.40´´ no primeiro quilómetro pero non me preocupo pois foi costa abaixo. Antes
de chegar á praia xa me pasa algún corredor.
A praia está mellor ca nunca: baixamar, pouca auga pola area, moita area dura, case non hai pozas... ideal. Ademais non hai nada de vento e o sol ainda estase pelexando coa néboa para saír.
Na área
aguanto ben o segundo quilómetro pero vexo que o ritmo vai a menos. Non hai
pernas. Pásame Alberto. A marea, moi viva, esta en plena baixamar. Creo que
tocará sufrir… Cando damos a volta en Maceiras comprobo as posicións. Emilio
Martínez (1º cat. vai moi diante, coma sempre) e José Rio (2º da miña categoría)
vai xa con 20 segundos de vantaxe. Julio ven moi preto e non moi lonxe Pili
seguindo a outra corredora. Mais… decido que hoxe non toca sufrir e,
apartándome da ringleira, deixo de correr. Os coñecidos que me adiantan fican
sorprendidos e interésanse pola miña saúde. Digo que todo ben. Decidín que non
había pernas e que ía agardar por Pili. Dez días parado e sen pernas…
Fago o
resto da carreira con Pili. Non foi cómoda en toda a proba pero inda así fixo
1ª na categoría e 7ª absoluta, entramos de 77 e 78 con 47.48´´ . Alberto de 18
con 40.33´´, Julio de 28 con 42.13´´, Chema de 119 con 51.21, Antonio A. 165 con 58.23 e Raul 70 con
59.02´´ sobre un total de 193 corredores e corredoras. Resultados. Creo que todos estes resultados están mal pois psegundo os nosos cronos engadin máis de dous minutos. O CAS estaba
concentrándose para a nocturna de Noia.