31/8/16

Agosto 2016 polo monte

Nos cinco anos anteriores rematara agosto cunha media de 295 kms  realizados. Neste ano foron 197. Pensando en positivo (canta forza mental nos aporta a experiencia de participar en maratóns) é que segundo o fisio (grazas Angel) todo vai por una camiño de mellora.

Agosto gocei das tiradas polos montes de Muros-Carnota. Gocei de boa compaña (Iago, Pablo e, perdón, Jesús). Gocei dunha vistas realmente marabillosas e dunhas paradas técnicas para lembrar visitas anteriores a algún dos conxuntos de petroglifos máis importantes ou máis fermosos da Galicia: Laxe das Rodas e Cova de Bruxas.

Gozade tamén vos das seguintes fotos.
Muros

Cérvido en Cova da Bruxa

Monte Louro con Corrubedo ao fondo

Laxe das Rodas

Monte Louro e Area Maior

1/8/16

Xullo, que foi de xullo?

Imos actualizar o blog tras un mes sen competir. Despois da Media de Os 21 do camiño, púxeme en mans de Angel para tratar de controlar os adutores pois apareceran amagos de molestias no pube. Só puidemos atopar datas para tres sesións (cajo nas vacacións) Ademais despois de facer 35 km en bici e ao rematar unha clase de Fitpower no ximnasio un isquiotibial tamén protestou. Polo tanto? Neste mes máis do mesmo: repouso, descarga e non forzar.

Recuperei a miña vella bicicleta de estrada (xa ten o cualificativo de vintage). Fixen algo máis de 250 km, nunha ocasión acompañado (ou mellor dito, detrás de Iago) e volvín gozar dela. Lonxe fican aqueles tempos onde rodaba moito máis de 1.000 km ao mes.

As zapatillas tamén foron gastadas pois saíu un total de 158 km.

Ademais tratei de regresar ao ximnasio, gozando das sesións de Bike sempre con boa música (a derradeira sesión do mes foi rematada con un Proud Mary interpretada por Tina Tuner) 


Tamén gocei dunha versión cañeira e en directo do Vals del obrero de Ska-P.


En conclusión. Hai molestias pero hai máis gañas de comezar  rodar forte con obxectivos á vista.