Semana
de ilusións. O martes adestramento suave de 10 km, mércores tirada algo máis
longa, 16 km, e o xoves, case por sorpresa, integreime no grupo do CAS que adestra
no INEF. O traballo específico consistiu en cinco series rápidas de cinco
minutos con tres minutos de recuperación e logo outras tres rápidas con outras
tres lentas. Despois da segunda de cinco
minutos tiven que estirar posto que a parte
posterior do xeonllo dereito parecía querer contracturarse. Tras os
estiramentos incorporeime sen máis molestias. Rematei canso pero contento por
ter con quen compartir adestramentos. O venres, trote suave (realmente suave
pola miña culpa pois estaba esgotado) con Pili e logo sesión de pesas
(fitpower) no ximnasio. Sábado de repouso e o domingo tocou actuar en
Coruña-10
O
chofer recolleume con puntualidade. Laura tamén estivo lista cando tocaba. As
dúas últimas carreiras nas que participara a cabeciña dixéralle ao corpo que
non debía sufrir, de xeito tal que non forcei nin sofrín. Mais agora tocaba cambiar o
chip e tratar ir mellorando polo que
trataría de esforzarme. Sei que non estou para repetir a marca do ano pasado, eses 37.01´´ pero habería que forzar.
Quecemento
compartido con moitos amigos e amigas. Tempo de comentar problemas e ilusións.
Que se facer menos de 40´, de 43´ ou de 53 no caso de Laura.
Saímos
costa arriba, polo novo circuíto, sen forzar, paso a Paula Mayobre, pero sobre
todo vaime pasando moita xente. Logo baixada ata facer o primeiro km en 3.39´´.
Rápido pero non me sinto mal ata que… no quilómetro e medio xorden as mesmas
molestias ca o xoves pasado pero nesta ocasión non remiten se non que van a
máis. Baixo ritmo. Adiántanme moitos coñecidos, entre eles don Julio, o subcampión galego
de triatlón da súa categoría. Laura saúdame. E non podo facelo.
Ao
chegar á Praza de Portugal retírome a estirar. Agardo por Pili. Reincorpórome
para ir con ela pero só o podo facer uns cincocentos metros. Vou coxeando.
Volvo retirarme e póñome, de novo, a estirar. Agardo por Laura. Vén moi rápida, por baixo de 5´/km. Acompáñoa algo máis dun quilómetro e a gardo por ela enfronte á Domus para collela no km 8. Os amigos e amigas que vexo pasar interésanse pola miña saúde. Trato de dar folgos a corredores e corredoras. Inés vai soa. Saúdo con ilusión a Pablo Anllo que anda a rodar pensado na maratona de Frankfurt (que grande é este home e que pelo tan ben cortado) Pili semella que vai a menos.
Inútil intento de reintegrarme na carreira. Forte dor
Volvo retirarme e póñome, de novo, a estirar. Agardo por Laura. Vén moi rápida, por baixo de 5´/km. Acompáñoa algo máis dun quilómetro e a gardo por ela enfronte á Domus para collela no km 8. Os amigos e amigas que vexo pasar interésanse pola miña saúde. Trato de dar folgos a corredores e corredoras. Inés vai soa. Saúdo con ilusión a Pablo Anllo que anda a rodar pensado na maratona de Frankfurt (que grande é este home e que pelo tan ben cortado) Pili semella que vai a menos.
Por fin
aparece Laura. Estamos no km 8. Trae mala cara. Non quere falar. Foi perdendo
moitas posicións. Ten que ir aprendendo. Saíu cun ritmo descontrolado e pagouno
na subida á Torre. Trato de animala mais é moita xente a que nos pasa. Só no
último quilómetro recupera algo para tratar de entrar por baixo dos 50´.
Ten estilo ou non, a rapaza?
Resultados:
Laura 49.32 neto, por fin baixou de 5´/km nun dez mil. As rapazas do club, coma sempre, excelentes con varios
pódiums.
Agora
toca, coma dicía a canción de Carlos Puebla, “y el comandante mando parar”. Hai que ver que pasa
na perna e recuperarse. Ademais, pensando en positivo, por fin estreeime nun abandono nun dez mil. Xa tiña abandonado nunha maratona (como doe aínda esa retirada na primeira edición de Coruña-42) e nunha media (León). Por fin chegou a retirada nun dez mil.