Semana
con pouco adestramento. O venres na suave tirada con Pili volveron aparecer
molestias na parte interna do xeonllo dereito. Logo houbo fitpower. Sábado
tocou facer
III
Millas Solidarias Inditex
Proba
solidaria que o mestre Raúl encárgase de organizar. Tempo con auga, vento e
frío. Pouco quecemento e pouca motivación. Todos os coñecidos queren/queremos
gardar forzas paras as probas que temos ao día seguinte. Antes da saída é o
intre de tirar fotos.
Comparto
os minutos previos coa gran Vanessa, tamén do “grupo” e do CAS. Saímos cómodos
cara arriba, logo baixada e curva cara o mar. Xa vou notando como empeza a
cargarse a isquio dereito por culpa de “algo” no xeonllo. Xa non trato de
forzar. Deixo ir (ou tamén podería dicir que) a Vanessa pois empeza a correr. Déixame
tamén Alberto. Tiramos cara o mar. Pásame outro mozo ao tempo que se pega
outro. Vento forte en contra.
Iniciamos
a subida, Alberto vaime collendo máis metros. Tras rematala e xa na baixa o que
levaba ás costas tamén me adianta. No derradeiro quilómetro o isquio vai
realmente contracturado. Non quero forzar nin esprintar.
Resultados:
19.41´´ nos 5.000 metros a 3.59´´ entro na posición 10 e de seguro o de 1º nos
anciáns pero como é unha proba solidaria non hai clasificacións por categorías.
No 2012 fixera 18.30´´. Vamos que estou acabado.
Tras a
carreira tempo para fotos e para estar co fisio Borja quen confirma a forte
contractura no isquio e determina que hai que parar uns días. Cando Mateo
chegou á meta tiramos para casa Germán en Sigrás para dar conta dunhas tazas e
duns callos.