O luns,
día de repouso de trote, fixen 90 minutos de ximnasio (abdominais e AF)
acompañado de Pili. Martes 17 km. O mércores tocou rota marítima pola ría de
Arousa. O xoves 15 km con amago de catro series de 1.000 metros, todas algo por
baixo de catro minutos (a vindeira semana tratarei de facer máis e mellor). O
venres outros 15 km. O sábado, xa nas terras muradáns tocou 15 km e seguidos de
1.000 de natación nunha das piletas máis fermosas que coñezo, con vistas á ría
de Muros (algún día terei que tirar alguhnas fotos). E pola tarde 80 minutos de
Bici polas montañas de Louro. É dicir un triatlón.
Por
certo, o obxectivo do paseíño (40 minutos de subida) de BTT era chegar ata a
Torre dos Mouros, xacemento arqueolóxico situado sobre Lira, nun lugar
espectacular, pois mirado ao sur vese a cabo de Corrubedo e, mirando ao norte,
o de Fisterra. Deste lugar darei conta en Iniciarte pero se queredes algo máis
de información visitade Capítulo Cero.
O
domingo, coas pernas derrotadas polo traballo do día anterior, fixen só 17 km
(tocarían 21) trotando pola estrada ata Lira e regreso.
En
resume: 79 km, hora e media de ximnasio, 1.000 metros de natación e 80 minutos
de bicicleta. Non está mal, eh?