Semana
con 78 km. Vou atopándome mellor pero só fago trote. As series ou cambios de
ritmo terán que esperar a finais de mes. O domingo participei na III Carreira
Popular Ventorrillo, do circuíto Coruña Corre.
Ben
lembro o percorrido do ano pasado. Consiste en dúas voltas a dous circuítos. O primeiro circuíto é polo Ventorrillo con 300 metros de dura baixada e 700 de suave subida. Logo outras
dúas voltas pola Silva e Pena Moa algo máis chan pero tamén cunha dura subida e
unha dura baixada.
Fago o quecemento (suave trote) moi ben acompañado.
Fago o quecemento (suave trote) moi ben acompañado.
Saio
ben colocado pero fico abraiado pola cantidade de xente que me adiante na
primeira baixada (máis de cen?) e mesmo observo que xente coa que andaba á par
cólleme moitos metros. Tardo case un quilómetro, rematando a primeira subida,
en comezar a recuperar posicións. Na segunda baixada tamén continúo pasando
xente.
Na
Silva forzo un pouco para evitar un pelotón grande pois a rúa é estreita. Na
primeira subida case non paso a ninguén, creo que só á primeira muller (Sofía Fernández, meta en 20.30´´). Nos seguintes metros, antes da baixada, manteño a posición e antes de iniciar a derradeira subida paso a un trío de atletas e
achégome bastante aos que teño diante.
Pero rematando a subida, adiántame a Rocío e outro colega e na posterior baixada, antes da meta, volvo ser adiantado por outro atleta. Son metros que compartimos cos atletas que van na súa primeira volta. Ten o seu encanto compartir eses metros con eles aínda que tamén nos dificultan algo manter o noso ritmo.
Segundo paso pola Silva, dobrando colegas
Pero rematando a subida, adiántame a Rocío e outro colega e na posterior baixada, antes da meta, volvo ser adiantado por outro atleta. Son metros que compartimos cos atletas que van na súa primeira volta. Ten o seu encanto compartir eses metros con eles aínda que tamén nos dificultan algo manter o noso ritmo.
Se nos
intres previos á saída non estaba cómodo, recoñezo que durante a proba funme
atopando mellor.
Pasei o
primeiro control na posición 86, o segundo na 58 o terceiro na 51.
Resultados:
20.36´´ a 4.05´´, de 55 (639 en meta) e de 4º na clasificación da categoría.
Fixen 45´´ máis ca o ano pasado. Felicito aos coñecidos que me gañaron, da
gusto ver o seu estado de forma.
Grazas polas fotos José Manuel, María e Dieta e Deporte.
Grazas polas fotos José Manuel, María e Dieta e Deporte.