A media ducia de corredores do club que participaron na III Carreira de Fin de Ano Mugardos-Ares-Mugardos, séntense afortunados.
Afortunados porque o Presidente interrompeu o seu traballo matutino para vir despedirnos.
Afortunados porque o Patrocinador puxo a disposición dos atletas un autobús que por cuestións prácticas foi rexeitado.
Afortunados porque tivemos un tempo magnífico para gozar da nosa afición.
Afortunados porque, a pesar da nosa idade, rematados todos sen percance algún.
Pero a fortuna nada tivo que ver no sorteo celebrado tras rematar a carreira. Que dous dos nosos atletas recibiran premio é tan só unha cuestión de xustiza.
De xustiza porque o ano pasado non nos tocara nada.
De xustiza porque xa ía sendo hora de recibir algún agasallo.
De xustiza porque como non viña Pili non repartían premios.
De xustiza porque o merecemos.