Despois
da carreira de Noia iniciei os adestramento do club en Inef. Na segunda semana deste
mes padecín una lumbalxia que me obrigou a parar case dez días. Polo tanto,
setembro é un mes con poucos quilómetros (160) e poucos adestramentos de
calidade (costas e series) Maila a todo había que participar nunha das probas
que organiza o club: a Carreira da Auga.
Chego a
Sada un par de horas antes da proba para botar unha pequena man na montaxe da
proba. Vento e chuvia montando os arcos da liña de meta. Un café e pouco
quecemento con amigos. Con Iago e Fer comento que o obxectivo era xa rodar por
baixo do ritmo de Noia (4.11´´) o que
suporía baixar dos 42 minutos.
Saio
con Iago e Fer pero ao ver o ritmo do primeiro km (3.54´´) déixoos ir. Tras os
primeiros dous mil metros as posición están moi estabilizadas. Pasaranme un
cinco atletas e eu adiantarei a algún máis. A final do quilómetro dous xa
comeza a subida na que trato de que o ritmo non sexa desastroso. Son
quilómetros en que o ritmo baixou ata os 4.38´´.
O novo
percorrido lévanos a rodear o colexio de Mondego pero pensei que non tocaría
subir tanto. O asfalto está moi mollado, pois non deixa de chover, e as novas
zapatillas non agarran tan ben como anunciaban.
Rematando
o km 7 iniciamos a baixada e os ritmos volven estar en torno aos 4.00´´. Paso
xente, alguén pretende adiantarme mais defendo a posición comentándolle que se
pegue ás miñas costas e que me adiante no sprint (cousa que fará).
Fotos do "noso" Fran. Grazas
Imos
pasando aos últimos da nova carreira de 5 quilómetros. Moita muller do CAS. Que
bravas!!!
A parte supeiror do xemelgo esquerdo (o plantar de novo?) comenza a cargarse. O
derradeiro quilómetro non se me fixo tan longo coma noutros anos pero tomei as curvas
cunha certa precaución pois están todas con bastante auga.
Tirada
para casa a ducharse pois estamos mollados coma pitos.
Apuntar que a proba está organizada cun cariño tan grande que case supera á profesionalidade coa que se fai. Parabéns club.
Apuntar que a proba está organizada cun cariño tan grande que case supera á profesionalidade coa que se fai. Parabéns club.
Resultado:
41.00´´ a 4.06´´, de 39 sobre 418 chegados á meta. Case detrás da nosa atleta internacional Solange Pereira. 2º categoría.
Hai problemas coa web de championchip e cando me enteiro do resultado xa non chego a Sada a recoller o trofeo. Mágoa.
Quen falta no podium?. Foto de Víctor Hugo
Hai problemas coa web de championchip e cando me enteiro do resultado xa non chego a Sada a recoller o trofeo. Mágoa.
O regreso xa está en camiño.