Rematei abril con algo máis de 280 km sen
molestias. Nesta semana de maio só fixen 46 pero a ter en conta que fixen a
miña tradicional doazón de sangue e vou incrementando a carga no ximnasio. A salientar que no último momento no puiden
participar na prevista media maratón de Xixón (cachis). Este domingo corrín no
patio da casa, é dicir, participei na V Carreira Solidaria Corre con
Implicadas.
O percorrido era por Bastiagueiro e, aínda
que curto, tan só un 5000 metros, sentíame na obriga de participar polo que a
mini tirada longa fixenna o día anterior, o sábado. Outro elemento a salientar foi a enorme presenza do CAS... se ben é certo que os "pros" participaran onte na carreira de Frades e temos a moitos pola montaña...
Un pracer compartir os instantes previos cos
coñecidos, nesta ocasión, especialmente con Julián Gesto.
Na liña de saída vímonos colocados en
primeira fila mais os dous tratamos de seren prudentes e non saír especialmente
rápidos pois era en ascenso. Axiña, Julián cólleme uns metros e tamén outro
corredor do seu club (o novo Running Oleiros), Saúl. Nos primeiros cincocentos
metros son adiantado por un bo feixe de corredores mesmo por uns cantos
rapaces. A partir de entón as posicións van ficar moi estabilizadas. Son case
setecentos metros en subida, logo baixada por Bastiagueiro Pequeno para
regresar ao punto de saída, no INEF. Collo a Saúl na baixada por Bastiagueiro Pequeno
(eu adiantando xente en baixada!!!) pero fará a goma comigo pois volve
adiantarme en dúas ocasións máis.
Rematando a primeira volta. Foto de Running Oleiros
Rematamos a primeira volta en algo máis de
nove minutos (creo que levo un ritmo lento) No inicio da segunda volta cóllolle
uns metros a Saúl. Subimos cara ás Galeras e son adiantado por un corredor.
Forzo o que podo na baixada pero gardando forzas para os derradeiros metros
pois son nunha dura subida.
Na penúltima curva comprobo as posición e certifico que non teño nada que disputar, nin por diante nin por detrás.
Rematando a segunda volta. Foto de Running Oleiros
Na penúltima curva comprobo as posición e certifico que non teño nada que disputar, nin por diante nin por detrás.
Foto na meta de Kurai sports
Resultados:19.42´´ (nove segundos por detrás
de Julián) a 3.55´´/km e de 17 na meta (2º na categoría) sobre un total de 296 chegados á
meta. O ritmo non foi especialmente bo pois foi o mesmo ca no último dez mil da Coruña.
Tras cruzar a meta, un mínimo descanso, unha
verbas cos amigos, cambio a camiseta e volvo trotar para relaxar as pernas. Son
minutos baixo a auga pois chove con gañas. Trato de tirar cunha compañeira do
club nos seus últimos metros. Algo de estiramento e poñerme guapo para o
pódium.
Moi boa crónica, e boa carreira, os meus parabéns! A carreira é dura para a distancia, non hai parte llana, ou subida ou baixada. En Oleiros poucas veces cortan o tráfico, por outra banda
ResponderEliminarMoitas grazas, Anónimo
ResponderEliminar