Sen
adestrar non se pode correr. Estando con varias molestias (isquio dereito e
pubalxia) non se pode competir. Pero éche o que hai. Se Raúl invita a participar
nas 3 Millas Solidarias organizadas polo “grupo” (léase Inditex) había que ir.
O Mariscal fixo unha doazón económica en nome do todo Montrove con destino á
Cruz Vermella.
E foi
una mañá do máis agradable. Na liña de meta compartindo minutos e saúdos cos
amigos e amigas e na carreira aprendendo do mestre Bernardo.
Saímos
xuntos e moi diante. Nos primeiros cincocentos metros xa estábamos posicionados
de 10-11. Tras a primeira baixada e zona plana chegou a primeira e curta subida
onde agardei polo mestre. Despois de chegar ao mar e mirar por vez primeira o
crono, Bernardo tivo a ben tirar de min e irme agardando especialmente na
última e longa subida. Só no sprint permítese o gozo de separase e cruzar a
liña de meta uns metros por diante. Nos cinco mil metros da proba debín facer un
crono de 18.30´´ a unha media de 3.42´´ o quilómetro.
Mentres
agardábamos polas nosas damas, que fixeron o percorrido camiñando, estivemos no
comedor do “grupo”. Nas horas posteriores as doenzas foron a peor a as
molestias son continuas mesmo para moitas actividades cotiás.
Agora
si que vai en serio o do descanso e a recuperación, agardando poder chegar á
San Silvestre da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión