Rematei
abril con 250 kms. A primeira semana de xuño sen queixa pola cantidade de
quilómetros acumulada (77) e con dúas sesións no ximnasio (bici e pesas). Só
houbo un amago de series (10x500 entre 2.05´´ e 1.46´´) Despois de facer o
venres 18,5 km e o sábado outros 12 (como me maltrata dona Pilar), o domingo
participei na V Carreira pola Ría do Burgo.
Sen
comprender a redución da quilometraxe da proba (de 14 a 10,6 –estaba anunciada
de 10) e coa sensación de pernas cansas e xemelgo esquerdo frouxo, fun a ata o
Burgo. Non sei se é boa idea participar en carreiras por onde a cotiá se
adestra. Teño o percorrido bastante aburrido.
Respresentación do Cas no quecemento. Grazas Carlos
Quecemento
co club, especialmente con Toni. Saída algo alegre de máis pois o primeiro km
foi a 3.37´´. Dígolle á miña parella (que ben bailo con el) que vou baixar o
ritmo e aceptoume a proposta gustosamente. Seguintes quilómetros entre 3.53´´ e 3.58´´.
Tras
baixar o ritmo somos adiantados por uns cinco corredores (que ben vas
Alvaro!!!)
Poñémonos
guapos para as fotos que nos tira Inés.
Ao
rematar a primeira volta constatamos que o circuíto é máis longo do anunciado
pero tamén imos adiantando algún corredor así como constatando o dano que está
producindo a calor e a humidade nos colegas (a Toni e a min, ná de ná)
Sorprendentemente, e a pesares do sol e da calor, non hai avituallamento
intermedio.
Na
segunda volta continuamos traballando (ou bailando xuntos) pero ao dar a volta
preto da Pasaxe dígolle á miña parella que se quere bailar só que apure algo
máis. Mais Toni tivo o detalle de
agardar por min e mesmo baixar o ritmo a 4.03´´ e 4.04´´.
Foi
toda unha honra que bailas comigo, Toni, e perdón por entrar diante de ti.
Resultados:
de 36 e 37 (sobre un total de 503 chegado á meta) a 3.55´´/km, facendo eu 5º na categoría.
Fotos de RunningPlus (grazas Carlos e Inés), de Running Oleiros, Oscar Duro e de Adrime87. Grazas.
Buscando noticias e fotos sobre a carreira acabo de encontrarte neste mundo!
ResponderEliminarA mina experiencia foi "maravillosa". Conseguin terminar a pesar da temperatura e a falta de auga, e o fixen no 440 dos 503. Quería facer mellor tempo, pero para ser a primeira non está nada mal. Agora tocame traballar que o 19 volto a 'competir' en Carballo.
Un saúdo!
Un pracer, Daniel. Espero que coincidamos, de novo, en Carballo, carreira na que faremos unha homenaxe a Vanessa Lafuente. Saúdos
Eliminar