19/6/16

10 K Carballo: Todos con Vanessa


Hoxe non toca crónica. Participei nos 10 km de Carballo pero non hai crónica nin do mes nin da proba. Por que? Porque hoxe toca escribir sobre Vanessa.



O cartel da proba leva a súa foto. O club participou co equipo “Todos con Vanessa” e no que todos e todas levamos unha pulseira con ese texto.  

Amosando as pulseiras

Nos dorsais ía o texto  “¡¡¡Ánimo Vane!!!" E logo?



Foi hai xusto un ano, nesta mesma proba, cando coñecín a Vanessa. Adiantáraa no km7. Ía mal pois facía moita calor para ela. Foi a única proba na que entrei na meta diante dela. E desde entón…

-quilómetros de adestramentos compartidos nas pista do INEF (ben lembro aquelas verbas entre serie e serie, mentres o seu corpo non deixaba de moverse, “e que facemos entre serie e serie?”, joder Vane, nada, nada, recuperar),

-as súas bágoas de emoción (case nos fai chorar a todos) na cea anual do club despois das palabras de Presi sobre a súa calidade humana,

-a súa emocionante ledicia ao gañar na súa primeira media maratón (Volta á Ría de Ferrol, foi a primeira vez na que a levantei ao darlle unha aperta),

-a viaxe compartida á media maratón de Viana de Castelo, digo viaxe porque do xantar non compartiu nada.

Hoxe toca escribir de Vanessa. Dunha muller que case non ten pasado xa que é todo futuro, todo por vivir. Cantas risas non botaremos con ela? canto cariño non recibirá? cantas amizades non lle restan por coñecer? E do seu corazón que agardamos? O mesmo, risas, cariño, amizade pero nunha cantidade maior pois é todo xenerosidade.

Vanessa entrando na meta
Foto de JM Ferreiro


Forza Vane.

3 comentarios:

  1. Agardo que se esté a recuperar ben, os que non somos cercanos a ela e só a coñecemos de vela gañar carreiras non sabemos nada. Así que só podo desexar e agardar que todo vaia o mellor posible e vela participar o ano que ven
    Moitos ánimos

    ResponderEliminar
  2. ¡¡Bravo por el post, por la dedicatoria!!
    Muchísima suerte a Vanessa.

    ResponderEliminar
  3. Esta carreira tamén vaina gañar. Vaise recuperando, grazas.

    ResponderEliminar

Grazas por deixarme a túa opinión