Hai que facer algo co blog.
Lembraredes que a finais de maio 2016 notei unhas molestias
no pube-adutores. Desde entón púxenme en mans dun fisio. Chegaron as súas
vacacións e as miñas. Outro fisio e algo de trote no verán coa idea de poder
rematar a Meia maratona de Porto, onde nos seus últimos quilómetros volveron as
molestias. Parón total e máis fisio.
Fago unha ecografía: “Cambios de entesopatía a nivel do
tendón proximal aos adutores do muslo dereito, ecograficamente de entidade ao
menos moderada. Identifícanse varios pequenos focos milimétricos
intratendinosos de rotura fibrilar”. Máis fisitoreapia con punción seca.
Para fortalecer toda a zona muscular, contrato entrenadora
persoal que traballa con outro fisio. Seis meses de dúas medias hora á semana.
Nese tempo visitas a un traumatólogo (radiografías, gammagrafía ósea) que
remata con inflitracións. Ante os seus nulos efectos, o trauma di que só resta
operar os adutores (“dos tres adutores que tes, córtanse dous, e o que queda
vaise ir reforzando…”) As molestias nos adutores fanse crónicas.
Vou de cando en vez ao ximnasio e fago, por aburrimento, a San Silvestre da Coruña.
Fálanme dunha nova téctiva de fisioterapia ideal para o
diagnóstico da ecografía, a Electrolisis Percutánea Intratisular coa axuda do
ecógrafo. En dúas ou tres sesións debería estar listo. Tras oito, deixo a
terapia.
Inicio outra revisión da pisada. Piso dun xeito rarísimo.
Por consello da fisio-podóloga visito a un novo traumatólogo para estudar, de
novo, a cadeira. Cos informes que lle paso e cunha mínima exploración cre
identificar o problema. Mándame facer unha artro-resonancia. No seguro so me fan
unha resonancia magnética. O informe di que non teño nada pero o traumatólogo
vendo as imaxes determina que teño un problema na cabeza do fémur que impide
unha rotación completa (un labrum excesivo).
En internet atopo a seguinte información:
“O
choque femoroacetabular é unha das causas de dor de cadeira no adulto. Fai
referencia a unha relación anatómica anormal entre a cabeza femoral e o
acetábulo.
A partir dese momento, a dor localízase na zona inguinal ou
na cara anterior da coxa, durante a práctica deportiva ou máis frecuentemente
logo da realización da mesma.
Son frecuentes os diagnósticos erróneos, por aqueles
especialistas que non están familiarizados con esta síndrome: osteopatía de
pubis, pubalxia, tendinite de repetición...e as terapias empregadas son
ineficaces e frustrantes para o noso paciente.
Os síntomas do choque femoroacetabular son variados, e a
miúdo non están todos presentes no mesmo paciente. Adoita iniciarse por unha
dor que localizamos na ingle, de características mecánicas , tras realizar algunha
actividade física, ou ben logo dalgún esforzo; aínda que tamén poida que non
haxa unha causa desencadenante.”
Na primeira visita ao novo traumatólogo acordamos que nadar
e montar en bici non me tería que sentar mal ao contrario ca correr. Os resultados foron unha nova
bici e un novo traxe de neopreno. Regreso ao asfalto na bici (como me gusta) e
iníciome, da man de Laura, na natación no mar (paseniño, paseniño).
E agora que? En agosto, continuar nadando e montando. En
setembro, nova revisión con outro trauma e pensar se compensa pasar polo
quirófano para amañar a cabeza do fémur.