18/8/07

III Cros de Broña


O sábado 18 de agosto, o Club Panadería D´Osedo enviou ao Xefe do Gabinete de Prensa a coñecer o Cross de Broña na Serra de Outes. Os catro quilómetros desenvólvense nun percorrido fermoso e duriño. A familiar organización merece o noso apoio polo cariño e entusiasmo que pon no seu traballo. Parabéns.
Resultado: 15.00'', sexto en veteráns (maiores de 35 anos) e 15 apro. na xeral (sobre un total de 55/65 participantes)
¡Quen non adestra non corre!

12/8/07

Carreira a pé Mar de Lira



O responsable de prensa do Clube, ese mesmo que todos coñecedes porque sempre se queixa, sempre está mal, sempre lle doe algo, o mesmo que desde que lle amezou con cascar o xeonllo esquerdo (19-VII) e mentres non vaia ao traumatólogo (mandaralle parar e vinte sesións de rehabilitación) só fixo 17 quilómetros correndo (pero todos os día fai natación -1.250 metros- e dúas horas de bici -carreteira ou btt), atreveuse a participar na Carreira a pe Mar de Lira.



Resultado, mellorou un mínuto (29.11´´) con respeto ao ano pasado nos 7.350 metros, acadando o segundo posto dos veteráns e o sexto na absoluta, sobre un total de 35/40 participantes.

¡Non se merece o corpo que ten!


¡Vémonos o 25 en Carnota!


29/7/07

Deporte e literatura: El último catón

"-¿Qué significa todo esto? –pregunté, alarmada. -Significa que va a tener que correr el maratón en Grecia, doctora. -¿Cuarenta y dos kilómetros corriendo? –el tono de mi voz no podía sonar más agudo. -En realidad, no –dijo la Roca, frunciendo la frente y apretando los labios -. Sólo treinta y nueve. He descubierto que la carrera que se corre hoy en día no se corresponde con la que corrió Fidípides en el año 490 antes de nuestra era para anunciar a los atenienses la victoria sobre los persas en las llanuras de Maratón. Según explica el Comité Olímpico Internacional en una de sus páginas web, el trayecto moderno de cuarenta y dos kilómetros se estableció en 1908, en los Juegos Olímpicos de Londres, y es la distancia que existe entre el castillo de Windsor y el estadio de White City, al oeste de la ciudad, donde se celebraron los juegos. Entre el pueblo de Maratón y la ciudad de Atenas, sólo hay treinta y nueve kilómetros."

Matilde Asensi. El último Catón. Madrid, Plaza& Janés, 2005, 38ª ed., pp. 301-302. (Iste é o único parágrafo de interese do libro)

3/6/07

Que paseo polo Mero!!!



create your own slideshow


Co obxectivo de inspeccionar o circuito polo río Mero, unha reducida representación do clube participou na I Carreira da Auga. Cun trazado rápido, cómodo, pola beira do río, o triatleta, o Farmacéutico Veloz, A Keniata de Montrove, e o exmaratoniano, déronse un paseo o sábado pola mañá nesta carreira.

Foi un paseo, porque correr, o que se di correr, nun correron un cara.... ( o mellor tempo foi de 36.41´ tras pasar o primeiro quilometro en 3.32´´¡que vergonza!) E que as velocidades deixadas en Cataluña (ou sería a ausencia da muller?), nun caso, e os destrozos ocasionados pola proeza de Allariz da semana anterior, nos outros tres atletas, tiveron como consecuencia que unicamente fixeran un entreno rápido. A pesar de contar co apoio dos atletas ausentes (¡que duro e fermoso foi Allariz, eh?) Mais e a pesar dos seus 42.57´´ a capitana do clube acadou o terceiro posto da súa categoría

Nova de última hora: o señor patrocinador está pensando en retirarlles as camisetas a estes atletas. Ou corren como hai que correr ou lles retira a camiseta e a nómina que cobran do clube.

As que si son unhas campionas son as nosas rapazas do Club de Natación Sincronizada Montrove. Regresaron de Marín con todos os primeiros postos nas súas categorías e modalidades nos Campionatos Galegos. Impresionante. Felicitacións para a entrenadora.
<

27/5/07

X Andaina Vila de Allariz


O pasado sábado 26 de maio, mentres as compoñentes do Club de Natación Montrove acadaban no Campionato Galego de Natación Sincronizada sete trofeos (fantástico rapazas, parabéns para a súa entrenadora), sete membros do noso club participaron na “X Andaina Vila de Allariz, 50 quilómetros en 12 horas”.

Con ameza de chuvia, temperatura non superior aos 19 graos, unha alta humidade e todo un mundo por subir e baixar, estes ultrafondistas tamén arrasaron na Andaina.

A pesar dos consellos do Comensal Austero (levou aos nosos participantes a unha abundantísima cea chea de graxas e proteínas, regadas con abundante viño e ramatada con gintonics...), do pouco que se durmiu no hotel, almorzaron puntualmente ás 7,15.

Posteriormente e coa vestimenta axeitada, iniciaron a camiñata. No primeiro quilómetro formaron os dous grupos previstos: os veteranos do grupo, o Mestre (hai que rendirlle pleitesía por ter superadas as seis participacións) e o Comensal Austero co seu impresionante báculo, paseniño paseniño, dominaron a clasificación dos camiñantes (cruzaron a meta ás oito horas e nos postos 90 e 91).

O grupo de tolos (e unha tola) que pretendían facer os 50 quilómetros correndo, foron deixando escapar a grupos de inexpertos participantes (habería tempo de darlles caza) ao tempo que collían unha marcheta lenta pero constante. A primeira etapa, isa na que para empezar habería que subir e subir e logo subir e subir, (16 q.) fixérona en 1 hora e 43 minutos, a pesar da caida do exmaratoniano; a segunda (22 q.) rematárona en 2 horas e 47 minutos, coa parada incluída do avituallamento e o descolge do Camiñante de Melide (“parade oh, que isto é unha costa”, “parade, oh, que quero beber un grolo”); e a terceira de 12 q., onde a Keniata de Montrove amosou a súa fortaleza mental e guiados polo Sendeirista de Bastiagueiro (o servizo de guía do Triatleta foi rexeitado despois de equivocar a ruta nun par de ocasións), en 1 hora e 17 minutos. Tempo total 5 horas, 47 minutos e 36 segundos. Chegaron á meta nos postos 8, 9, 10 e 11 sobre un total de 800 inscritos. ¡Sen comentarios!

Só 40 minutos despois, entraría na meta o Camiñante de Melide, tras facer máis da metade da proba en solitario e mellorando a súa anterior marca en case dúas horas. Impresionante.
Dedemos felicitar á organización polo seu magnífico traballo. Esmerado trato aos participantes, avituallamentos impecables, ambiente magnífico. Empanadas, bicas e cañas extraordinarias. Parabens


REFLEXIÓN FINAL: E AGORA QUE?

23/5/07

Maratón de Madrid 2007


Remataron máis de 8000 atletas. O noso representante (dorsal 6983) entrou no posto 981 cun tempo de 3 horas,17 minutos e 41 segundos. Con el corríamos todos e todas, así que a éxito acadado é compartido. Felicitacións para o clube Panadería d´Osedo. Como describir o que se sinte na primeira maratón? Emoción. Bagoas. Agredecimento. Que impresionante. Creo que nunca o esquecerei.
Entro na meta bicando o escudo do club.

27/3/07

Media Maratón de Betanzos: 2007



Os nosos representantes, tras rematar a Media Maratona de Betanzos en maio de 2005. Por fin o triatleta venceu ao noso keniata branco (¿que son uns segundiños de nada despois de máis de 21 quilómetros?), o mestre, como sempre, foi ao seu, a keniata de Montrove, amosou o seu dominio merendou otro premio máis (¿non terás os trofeos xa no garaxe?)