13/9/10

Correndo pola Torre de Hércules




Con vento forte, seis esforzados atletas do club (recoñecidos na carreira por pertencer ao grupo con máis miga e con propostas de integración na liga de Correr en Galicia) participamos na II Carreira da Torre-Ibercaja. Houbo algunhas has modificacións do trazado con respecto ao ano pasado. Que fixemos?:

-O Comensal Austero saíu a adestrar a Behobia-San Sebastián, ao seu ritmo pero sen os seus compañeiros de costas (Teresa e Álvaro)

-O farmacéutico veloz quixo lucirse no primeiro quilómetro cunha saída meteórica para rematar fenomenalmente ben.

-Albertoman quixo lucir a súa nova camiseta: pequena para tanto corpo e dunha cor un pouco especial.

-A Keniata de Montrove, ao marcar a posibles rivais, saíu rapidísima acompañada polo noso Triatleta, mentres que o Cronista os acompañaría despois dos primeiros mil metros. A Keniata, foi, pois, de máis a menos, pero coa tranquilidade de non ter rivais desde o segundo quilómetro. Así acadou o primeiro posto absoluto entre as mulleres. Xa nos ten acostumados pero continua sendo IMPRESIONANTE.




Resultados e información do Club de atletismo Coruña Comarca.

10/9/10

Maratón de Chicago: 10-X-10

ORIGINAL CAMPAÑA DE MARKETING EN CHICAGO
Lleva el nombre de '10-10-10: La fecha para motivar’ y tiene objetivos benéficos.

'10-10-10: La fecha para motivar’ es el nombre de la original campaña de marketing que el Maratón de Chicago, junto con el Bank of America, ha lanzado de cara a su próxima edición, que este 2010 se celebrará el día 10 de octubre con 45.000 participantes en la salida. Aprovechando la curiosa fecha, 10-10-10 expresada en números, los organizadores han seleccionado 10 atletas residentes en el área de Chicago entre los cerca de 10.000 inscritos del maratón que correrán la carrera para recaudar fondos para más de 150 proyectos benéficos. Los 10 corredores tienen 10 historias que contar y 10 motivos diferentes para correr el Maratón de Chicago, en la que se espera que se recauden unos 10 millones de dólares en total para proyectos benéficos.


Texto y foto vía Marató de Barcelona.

21/8/10

Carreira das Areas: correndo pola praia de Carnota

Non sei se dicir “Que pracer participar nunha carreira sen ánimo competitivo” ou ben “Non competín pero tiven premio”. Explícome.


Desde febreiro co piramidal dereito cabreado pola caña que lle din. Tras visitar ao trauma, 20 sesións de fisio, 2 sesións de masaxe quiropráctico e unha sesión de físio-osteópata. Hai mes e medio que comecei, de novo, a trotar: nada de series, todas as costas parécenme portos de primeira categoría e as tiradas longas dos domingos son utopías case inimaxinables. Pois nesas estou cando saín, hoxe sábado ás 9,30 horas (cuestión de mareas), a participar na fermosa carreira das Areas de Carnota (cita obrigada dos meus veráns e oportunidade fantástica para saudar aos mesmos corredores da zona de todos os anos) Partín desde a cola do grupo para probar un novo xoguete (mini cámara de vídeo) con resultado negativo. Polo tanto amodiño, amodiño. A finais do primeiro quilómetro vou collendo ritmo e adiantando participantes. Na primeira baliza chego de 28, na segunda de 23. Vou moi cómodo, case ao trote. Gozo da carreira, da praia e das vistas. Adiántanme só dous atletas. No último quilómetro subo algo o ritmo, por aquelo de ver como responde a cadeira (non se queixou)


A sorpresa final foi que, sen esforzarme, quedei de 3º da categoría (1955-1965) e pensar que o pasado ano corrín todo o que puiden e non pillei premio…

13/3/10

Utilizado polo MAPOMA




Imaxe aparecida na páxina web oficial do Maratón Popular de Madrid.
Presidente, tes un club famoso e que é utilizado como reclamo publicitario.
Somos do que non hai.

E por se fora pouco, o Tanino Xosé Manuel Carrera envíanos este segundo e impresionante documento gráfico pola Rúa Maior, tras deixar a Porta do Sol.

9/3/10

Marató de Barcelona 2010: maratoniano e republicano

DOS ADESTRAMENTOS ÁS EXPECTATIVAS
Lembraredes que tras tomar á decisión de irme á Marató, iniciei un plan de adestramentos de dez semanas. Xaneiro foi un mes historicamente magnífico: marca no número de quilómetros e bos tempos nas series. Febreiro foi todo o contrario, desde o dia tres dores na cadeira que me obrigaban a volver á casa camiñando, días de repouso e masaxes (bendita sexa Paloma). Á semana seguinte a mesma historia, dores na cadeira e retornar camiñando. Non fago tiradas longas os domingos. Nove días antes da proba, de novo, dor na cadeira. Todo o mes con molestias musculares en repouso. Remato o mes coa metade de quilómetros de xaneiro. Preocupación.
Tempo a facer: cambio de plans. Abandono a idea de 2.50´. Con rematar estarei contento. Se melloro un segundo o tempo do MAPOMA de 2009 (2.59.27´´), estarei feliz.

BARCELONA: MOLTES GRÁCIES
Viaxamos o venres. Que dicirvos de Isa: impresionante, preocupándose constantemente polas miñas necesidades…
O venres avión, aeroporto e hotel na Praza de España, case na saída/meta (excelente elección Isa, grazas). Pretenden cobrarme 40 euros se deixo a habitación despois das doce. Coméntoo con outros participantes. Finalmente a dirección do hotel cede ás nosas pertensións. Pola tarde baixamos ao centro polo recorrido dos últimos quilómetros da carreira. Desexo comprobar a pendente de ascenso. Nada que ver con Madrid. Alégrome un montón. Cea con Iria e Xabi. Un par de cervexas (non foron gin-tonics, Sobrinofff). Regresamos camiñando polo mesmo recorrido. Pendente moi suave.

A cidade está chea de maratonianos e das súas familias e amigos. As equipacións dan envexa. Clubs de todas as provincias, de toda Europa, de USA, Nova Zelandia, Australia, Xapón (3ª idade). Impresionante.
O sábado: recollida de dorsais e visita á Expo Marató (máis pequena ca de Madrid). Confírmase que hai máis de doce mil inscritos. Logo visita á Pedrera. Jordi nos recolle e polo barrio de Gracia subimos ao Tibidavo. Os Pirineos están espectaculares: os cumios son unha mancha branca no horizonte. Recorremos Collserola. Xantamos en La Floresta. Solombo de tenreira. Espectacular. Á sobremesa chega Angels. Alegrámonos moito de vela. Ás cinco da tarde déixannos no hotel. Sesta. Preparo a equipación. Logo, cine e espaguetes ao carón duns italianos que cearon paella.

Agradezo un montón as mensaxes de ánimo e as chamadas telefónicas. Correr con este apoio e cariño non ten mérito. Sinto que todo o club e moitas amigas van correr ao meu carón. Grazas.
He d'agrair el suport i afecte de Iria, de Xabi i els seus pares, Jordi i Angels, Montse i Antonio. Van Saber suportar-me abans de la prova i/o després de la mateixa. Van patir el fred de la meta encara que creo que no els vaig fer esperar molt. Moltes gràcies.

CARREIRA: A CADEIRA NON EXISTE, A DOR NON É UNHA OPCIÓN.
Se para os/as maratonianos o cansazo non pode ser unha opción xa que ten que estar asumido/derrotado ao cruzar a liña de saída, nesta oportunidade estaba disposto a non facerlle caso á dor. Só nun caso extremo abandonaría (cinco euros no peto do novo pantalón do club para retornar en metro).
Dormín moi mal. Ás sete baixei a almorzar (a saída era ás 8,30). Cando chegáramos o venres ao hotel dixérannos que o comedor abría ás 7. Manifestei a miña decepción. Finalmente deberon de abrir ás 6.30. Retorno á habitación. Unto as pernas coa crema máxica de Paloma. Ás 7,30 cruzo a Praza de España, pido que me saquen algunha foto e vou á consigna. No caixón de saída de menos de tres horas vin a Xosé e a Edu dos Taninos. Saudámonos e desexámonos sorte. Colocáronse un pouquiño máis adiante. Tardaría máis de 41 quilómetros en volvelos ver.

Non hai avións nin
hai paracaidistas como no MAPOMA. Lémbrome de Pili e Julio. Estou a feito a correr só. A carreira non me importa facela en solitario pero agardar con eles ata a hora da saída, compartir con eles os instantes previos, sería outra historia.

Á hora en punto, 8,30, e con confeti, dáse a saída.








Non teño asumido, aínda, todo que me aconteceu na carreira. Non podo escribilo. Moito tempo, moita dor, moitos pensamentos, moito sufrimento asumido. Polo tanto tan só farei os seguintes apuntamentos:
O recorrido máis plano que o de Madrid, moita avenida longa (duro para a miña cabeza). Máis ambiente, dentro e fóra, en Madrid. Non houbo apoio sanitario.
Saín rápido pero moi cómodo con quilómetros a 4,02, 4,08. Os globos cos tempos de referencia saíron voando. Non hai quen marque ritmo con referencia temporal. Tiro máis de dez quilómetros dun pelotón numeroso a ritmo de 4 minutos por quilómetro. No 19 comezo a pensar que as pernas están faltas de adestramentos. Comezo a baixar o ritmo amodiño. Sigo a cola de grupo ata o 25. No 26 asumo o cambio de ritmo. Paro a mexar sen gañas. Adiántame moita xente (ao ver os resultados sorprendinme posto que pensara que foran moitísimos máis porque en realidade só foron uns 130) pero non me importa. Hai un cambio no meu cerebro e no meu corpo. Os dous, deduzo, asumen que forman un todo, un todo dun maratoniano. Os corredores que me adiantan non me provocan o sentimento de derrota. Non vou derrotado. O cerebro só emite pensamentos de reforzo positivo. As pernas continúan correndo, non paran. Son incribles.
A vitoria, a meta, só agarda por min. Sei que vou chegar e que serei maratoniano. Este será o meu cuarto maratón pero por vez primeira síntome maratoniano de verdade. Polo tanto, marco un ritmo cómodo, sufrindo, pero as pernas seguen correndo, non paran, non paran. As dores deben ser importantes pero o cerebro non quere recibir mensaxes de ese estilo. A dor non se pode ter en conta. Un dedo tamén pretende queixarse. O ritmo vai baixando ata o 4,40.

No Barrio Gótico saúdo con ilusión aos compañeiros/as de Comisións (tamén o fixera con anterioridade cuns animadores que reclamaban unha biblioteca para o seu barrio). No 38 ou 39 un voluntario da organización dime que vou para 2.55. Sei que non, que o meu ritmo é nese punto de case de 5 minutos por quilómetro pero convénzome de que mellorarei marca. O cansazo non é unha opción, repíteme o cerebro, non é unha opción, non é unha opción. Tiro para arriba, coñezo o perfil dos últimos quilómetros. Continúa adiantándome xente, non me importa. Vou noutra carreira. Unha carreira na que só participo eu. O trunfo é a meta e sei que vou gañar.
A forza é o apoio do club. É o meu corpo contra a razón. É a ilusión contra os quilómetros.

Rematando o 41 Edu e Xosé adiántame. Interiormente alégrome por eles, penso que fixeron moi ben a carreira (logo comprobei que a fixeron perfecta con dúas medias idénticas). Instantes despois desato a bandeira que levo no brazo. A bandeira republicana. Collo forzas. Hai xente que me anima pola bandeira. Incriblemente (cousa que non debería facer, nunha maratón non se esprinta, coño) as pernas marcan un sprint de 300 metros coa bandeira levantada. Escoito máis berros de ánimo para min só e para a bandeira. Vexo á familia e os amigos. Case non poden nin tirar unha foto. META.


Parte de guerra: unha uña destrozada e as pernas son unha pedras. Non podo estirar porque inmediatamente aparecen os calamabres. Teño que pedir cita co traumatólogo.
Qm 5: 20,43 Posición363
Qm 10: 40,29 Posición 324
Qm 15 1,00,33 Posición 298
Qm 20: 1,20,32 Posición 298
M. M.: 1,24,54 Posición 295
Qm 25: 1,40,42 Posición 299
Qm 30: 2,02,35 Posición 356
Qm 35 2,24,28 Posición 362
Qm 40 2,47,34 Posición 408
Meta 2,57,17 Posición 430
1ª Media: 1,25
2º Media: 1, 32
Ritmo medio 4,13´´/qm. Posto na categoría (de 45 a 55) 50º.

TRAS CRUZAR A META
A rapaza que me quita o chip rise de min cando lle quero dar unha aperta. Consígoo. A rapaza/voluntaria que me pon a medalla agasállame/roubolle cun bico. Collo bebida e plátano. Subo ata a consigna. Estou moito máis ledo que canso e o cansanzo é brutal. Baixar as escaleiras da consigna é case imposibe. Sácanme máis fotos. Recibo a felicitación das sete persoas que agradan por min.
Dores nas pernas. Non podo estirar. Cada vez que o intento xurden calambres. Ducha no hotel. Cervexas. Xantar coa familia catalana no Elche: paella e fideguá. Estou tan canso que non tomo sobremesa. Baixo e subo toda a avenida do Paralelo camiñando. As pernas comezan a responder.










O Mestre Juan é o primeiro en chamar, logo, Pachu, Chema, Álvaro, Tere, Julio, Pili… ¿quen falta? Grazas a todos e todas. Poder compartir a experiencia é o mellor.

Clicando sobre os meus resultados (dorsal 1172) poderedes acceder aos vídeos. Permitídeme que vos aconselle o do paso pola media, cruzando a meta, máis de preto. Se vedes algún, na opción "cámara" podedes escoller outros.



8/2/10

Deporte e literatura: La quinta mujer



Henning Mankel. La quinta mujer. Tusquest, Colección Andanzas, 19 ª ed. 2009, páx. 145.


Nunha das novelas do escritor sueco, e dentro da serie do inspector Kurt Wallander, podemos ler o seguinte texto:


"Pero Lars Olsson era también un entusiasta corredor de campo a través. Vivía para correr por los bosques suecos con mapa y brújula en mano. Corría en un equipo de Malmö y ahora se estaba preparando para una competición nacional de orientación nocturna. Se había preguntado muchas veces por qué dedicaba tanto tiempo a ello. ¿Qué sentido tenía correr por los bosques con un mapa y una brújula buscando controles ocultos? Muchas veces hacía frío y humedad, le dolía el cuerpo y le parecía que nunca acababa de hacerlo bien del todo. ¿Merecía aquello dedicarle la vida? Por otra parte, sabía que era un buen corredor de campo a través. Tenía buen sentido de la orientación y era rápido y resistente. En varias ocasiones había sido él el que había llevado a su equipo a la victoria haciendo un gran esfuerzo en el último tramo. Estaba justo debajo del nivel de la selección nacional. Y aún no había renunciado a la esperanza de dar alguna vez el salto que le permitiera representar al país en competiciones internacionales".


31/1/10

Xaneiro 2010: resume de adestramentos

Co novo ano comencei o plan de dez semanas de adestramentos para o Marató de Barcelona. Aquí tedes o resume do mes de xaneiro:

Días de adestramento 21. Ritmo medio 4,29´´.

Resume por semanas:

1ª: 35 qm.

2ª: 80 qm.

3ª: 64 qm.

4ª: 76 qm.

5ª: 84 qm.

Con seis días de series (300; 500; 1000; 2000 e 4000)


Total : 339


Comparade con anos anteriores:

Xaneiro 2008: 168 qm.

Xaneiro 2007: 215 qm.

Xaneiro 2006: 154 qm.

Estes datos podedes velos no meu Strands (rede social de deportistas)


Valoración persoal: nunca corrín tantos quilómetros nun mes pero teño que facer máis series a pesar de que nas feitas sairon bos tempos.


28/1/10

A maratona máis tramposa da historia

La historia del maratón, la más simbólica y también la más antigua del atletismo (el 31 de octubre Atenas conmemorará los 2.500 años de la agonía de Filipides), está repleta de trampas. Quizás la más conocida de todas, aunque rechazada por algunos historiadores, fue el maratón olímpico de París en 1900, cuando un panadero francés Michel Theato aprovechó el conocimiento de las calles de la capital francesa para evitar el pavés e imponerse en la prueba de 40 kilómetros, que era la distancia que entonces se corría.
No obstante, jamás se había producido una descalificación a mansalva como ha ocurrido en el maratón de Xiamen, que se disputó hace tres semanas en China. Treinta atletas, que consiguieron entrar entre los 100 primeros, fueron descalificados después de analizar el vídeo de la prueba por haber utilizado vehículos o haber cedido su chip a otros atletas que cruzaron la meta con dos puestos. Algunos directamente optaron por ceder su identidad a otros conocidos más veloces que disputaron la prueba por ellos.

Al parecer, el motivo que llevó a este resultado tan adulterado eran los créditos que concedían de entrada a la universidad a aquellos competidores que consiguieran bajar de 2.34. El ganador fue el etíope Feyisa Lilesa con un tiempo de 2.08.47.

Noticia de Marca vía o Strands de Martín Fiz.

7/1/10

31/12/09

Para rematar o ano: unha san Silvestre

E para rematar o ano… unha san Silvestre: A V Carreira Popular Fin de Ano Mugardos-Ares-Mugardos.

Como a proba non é competitiva, os membros do club participantes decidimos que tan só íamos adestrar, correr amodiño, a un ritmo de 5 minutos ao quilómetro… pero hoxe non o acadamos posto que levábamos con nós a un membro dun prestixioso e ben equipado club atlético de Lugo., quen mesmo se atrevou a chegar tarde á carreira incorporándose á mesma cando xa levábamos os primeiros mil metros Tivemos que ir animándoo e facéndolle compaña porque non podía, non podía... Fixádevos nas fotos como ao chegar á meta o primeiro que fixo foi repoñer potasio comendo un plátano.

A proba foinos divertida, aínda non tanto como a de Berlín. O noso bo humor foise contaxiando pola estrada e polas persoas que nos miraban desde as berairrúas ou dende as vivendas.

Na meta entramos collidos das mans (non tivo éxito a proposta de collernos doutro lugar).

Un bo xeito de rematar o ano.

Outra crónica en Canario do Penedo.


21/12/09

Lugo Monumental baixo cero

Cando aínda o termómetro sinalaba datos en negativo, catro atletas do club e a lesionada Keniata de Montrove iniciamos a viaxe a Lugo para participa na Lugo Monumental, non sen antes comprobar que algún veciño tiñas as luces prendidas cando xa era de día e podían apagarse.

No automóbil os comentarios semellan os cánticos do nenos de san Ildefonso: un grao baixooooo cero, dous graos baixoooooo cero… así ata que en Guitiriz observamos con pavor menos seis grados. Que frío, que inmenso frío.

Mais como este ano, e baixo as
ordes do xeneral Sobrinoff, a organización foi perfecta, o frío semellaba ser menos: Fernando agardaba por nós na porta do seu garaxe, na súa oficina están os dorsais, O Triatleta probou o seu baño; tempo para tomar un café; despedímonos de Pili (canto frío pasou) o quecemento inicial no garaxe, logo polo sol de Lugo.

Aquí temos
que abrir a sección reivindicativa, señor Presidente. Como ben se pode observar na foto hai clubs que agasallan aos seus atletas con magnífico equipamento para evitar lesións ocasionadas polo frío (obsérvese a Fernando), pero tamén hai clubs nos que os atletas son auténticos sufridores que corren sentido os cores do club porque senón o único que sentirían sería o tremendo frío de Lugo. Señor presidente, póñase as pilas. A pesar disto, estamos contentos cos novos pantalóns, mesmo algún xa os estreou en Lugo.


Posteriormente cada quen foi ao seu caixón e desexámonos sorte.

Fernando e Sobrinoff fixeron a carreira conxuntamente, por algo son amigos desde hai moitos anos; o Furacán do Miño atopouse como nunca (por algo corría na casa); o Triatleta fixo un adestramento de calidade marcándose un ritmo de 4 minuto
s quilómetro; o Cronista foi a testar o estado de forma e mellorou a súa marca na carreira e na distancia. Todos rematamos contentos.

Na meta estábanos agardando Pili e Elena cos nosos polares. Nós non pasamos frío… e pero elas… moito pasaron. GRAZAS.


Tras a carreira que mellor que deixarnos atender por Fernando: non fomos tan maleducados de rexeitar a súa invitación de ducharnos na súa casa, onde, dona Mercedes, insistiu en que tomáramos leite quente con mel. Dest
e xeito conseguirán que todos os anos participemos na carreira. MOITAS GRAZAS Fernando e Mercedes.
















Unha vez lavadiños e acicalados, dirixímonos ao encontro cos resto do club, onde? Na rúa dos viños: alí estaban Pili, Elena,Teresa, Álvaro, Raquel, Isabel e o señor presidente, quen chegou á cidade da muralla no OSEDO FORCE ONE (novo vehículo presidencial) Tras os viños… a polo cocido en Terras do Miño: magnífico restaurante no río Rato nun contorno espectacularmente fermosos. Sobremesa abundante e licores estupendos. Temos que “vender” máis e mellor Lugo.

En total houbo 1114 participantes. Os tempos foron os seguintes:

Cronista 36,37.

Triatleta 40,10.

Furacan do Miño 42,35.

Fernando Ríos e Sobrinoff 49,17.


Outras atléticas crónicas en A Carreira dun Kan, e en Khenesfera. Crónica e foto no Progeso de Lugo. RESULTADOS.

13/12/09

XIV Memorial Adolfo Ros: Volta á Ría



Nunha mañá fría, con pingas de auga antes da saída, participei na Media de Ferrol. Practicamente só (vin a Alberto cando chegaba á meta) posto que temos á nosa Keniata convalecente, ao Mestre en proceso de recuperación, ao Triatleta iniciando a temporada e ao resto gardando forzas para Lugo. A saída e a meta estaban en san Valetín, en Fene.

A idea da carreira era facer un adestramento longo (tres semanas sen facelo) e poder comparar o estado de forma con decembro do 2007. Hai dous anos rematara moi contento a proba porque pasara na distancia de 1.28 a 1.24 (aquel ano saíamos e chegábamos a Narón). Pero tras máis de catro mil quilómetros de rodaxe, tendo xa como mellor marca na media 1.22 (Vig-Bay de abril de 2009) agardaba poder baixar de 1.24. Xa sei que levo poucas series pero non poucos quilómetros e que non consigo enlazar máis de dúas semanas boas de adestramentos. Así que... saín gardando forzas no primeiro mil, dando dúas voltas por san Valentín (como na milla, lembras Chema?) collendo axiña o ritmo polas Pías e localizando a un grupo como referente.

Primeira sorpresa: quilómetro 5 en 17,3
0´´. Non pode ser. Ten que estar mal medido. Os atletas e as poucas atletas vanse estirando. Entramos en Ferrol. Quilómetro 10, constatación de que está mal medido: 37,17´´. Sáeme un tempo dun dez mil magnífico. Non pode ser. Rodo cun grupo. Ao cruzar o Xubia, comeza de verdade a proba, o rompe-pernas de subidas. Perdo o contacto con grupo. No 15 teño a certeza de que non mellorarei o crono na distancia. Algún problemiña nun xemelgo. Nin caso. Xa vou só. Desde o quilómetro 10 puidéronme adiantar uns quince atletas, só adianto a un.

Marco ritmo de supervivencia. Chegar sen sufrir moito. Unha vez en Fene trato de subir o ritmo, creo que non adiantarei a ninguén e intento que a respiración que me persegue non me adiante. Nos marcamos un último quilómetro rápido. Entro con forza na meta pero descontento polo tempo: 1.24.23´´na posición 73 de 528. Tan só nove segundos menos que hai dous anos. Como pequeno consuelo Pazmasajes di que a distancia supera en 270 metros o percorrido regulamentario, e Khene que en case 400. Iso xa sería outra cousa.

Conclusión: facer máis series, tratar de ser máis regular nos adestramentos, buscar reforzos positivos para a Maratón.

Outras crónicas en Khenesfera, A carreira dun kan ou Xavi. Créditos das fotos.

RESULTADOS Crónica na Voz de Galicia.