22/7/17

Resume médico-deportivo

Hai que facer algo co blog.

Lembraredes que a finais de maio 2016 notei unhas molestias no pube-adutores. Desde entón púxenme en mans dun fisio. Chegaron as súas vacacións e as miñas. Outro fisio e algo de trote no verán coa idea de poder rematar a Meia maratona de Porto, onde nos seus últimos quilómetros volveron as molestias. Parón total e máis fisio.

Fago unha ecografía: “Cambios de entesopatía a nivel do tendón proximal aos adutores do muslo dereito, ecograficamente de entidade ao menos moderada. Identifícanse varios pequenos focos milimétricos intratendinosos de rotura fibrilar”. Máis fisitoreapia con punción seca.

Para fortalecer toda a zona muscular, contrato entrenadora persoal que traballa con outro fisio. Seis meses de dúas medias hora á semana. Nese tempo visitas a un traumatólogo (radiografías, gammagrafía ósea) que remata con inflitracións. Ante os seus nulos efectos, o trauma di que só resta operar os adutores (“dos tres adutores que tes, córtanse dous, e o que queda vaise ir reforzando…”) As molestias nos adutores fanse crónicas.

Vou de cando en vez ao ximnasio e fago, por aburrimento, a San Silvestre da Coruña.

Fálanme dunha nova téctiva de fisioterapia ideal para o diagnóstico da ecografía, a Electrolisis Percutánea Intratisular coa axuda do ecógrafo. En dúas ou tres sesións debería estar listo. Tras oito, deixo a terapia.

Inicio outra revisión da pisada. Piso dun xeito rarísimo. Por consello da fisio-podóloga visito a un novo traumatólogo para estudar, de novo, a cadeira. Cos informes que lle paso e cunha mínima exploración cre identificar o problema. Mándame facer unha artro-resonancia. No seguro so me fan unha resonancia magnética. O informe di que non teño nada pero o traumatólogo vendo as imaxes determina que teño un problema na cabeza do fémur que impide unha rotación completa (un labrum excesivo).

En internet atopo a seguinte información:

                “O choque femoroacetabular é unha das causas de dor de cadeira no adulto. Fai referencia a unha relación anatómica anormal entre a cabeza femoral e o acetábulo.

A partir dese momento, a dor localízase na zona inguinal ou na cara anterior da coxa, durante a práctica deportiva ou máis frecuentemente logo da realización da mesma.

Son frecuentes os diagnósticos erróneos, por aqueles especialistas que non están familiarizados con esta síndrome: osteopatía de pubis, pubalxia, tendinite de repetición...e as terapias empregadas son ineficaces e frustrantes para o noso paciente.

Os síntomas do choque femoroacetabular son variados, e a miúdo non están todos presentes no mesmo paciente. Adoita iniciarse por unha dor que localizamos na ingle, de características mecánicas , tras realizar algunha actividade física, ou ben logo dalgún esforzo; aínda que tamén poida que non haxa unha causa desencadenante.

Na primeira visita ao novo traumatólogo acordamos que nadar e montar en bici non me tería que sentar mal ao contrario ca correr. Os resultados foron unha nova bici e un novo traxe de neopreno. Regreso ao asfalto na bici (como me gusta) e iníciome, da man de Laura, na natación no mar (paseniño, paseniño).



E agora que? En agosto, continuar nadando e montando. En setembro, nova revisión con outro trauma e pensar se compensa pasar polo quirófano para amañar a cabeza do fémur.

4 comentarios:

  1. Tiven que poñer o traductor para entender o que che din. És ben espelido que entendiches ben axiña.
    Pisas raro?, eu sempre falei raro e non me.prohibiron falar. Algo positivo? Natación e bici, nesa orde, sempre pensei que era mellor que correr, salvo se te persiguen polo monte claro. Apertas

    ResponderEliminar
  2. Benvido logo... a bici e a nadar..... cando queiras quedamos ... eu noa Coruña gosto de San Amaro

    ResponderEliminar
  3. Alegría por saber de ti, y tristeza por ver que sigues sin salir de esa maldita lesión. Ojalá no tengas que pasar por quirófano y se pueda recuperar todo bien. Ahora a disfrutar de la bici, de la natación y en un año a darle al triatlón!

    ResponderEliminar

Grazas por deixarme a túa opinión