Como ademais de xantar, beber e andar, ás veces (só ás veces) adestramos e participamos en carreiras… o pasado domingo 9 de outubro corremos A Coruña 10. Un dez mil que vaise consolidando grazas á nosa permanente participación.
Inicialmente xuntámonos algúns (O Triatleta, o Comensal Austero e o Cronista) do que da fe a fermosa foto da rúa Xoana de Vega (nome con importante connotación histórica, non si Sobrinoff). Posteriormente apareceu o clandestino de Roberto (sen inscrición mais con camiseta de agasallo e consumo de auga…), tamén vimos ao Frank de Montrove así como a Bernardo. Vamos que ao final éramos unha chea deles. Tamén andiveron por alí un par de fermosas damas acompañadas polo Mestres ciclista.
A carreira foi como todas, O Triatleta pelexándose co ritmo de 4 minutos/quilómetro. O Comensal Austero amosando o dominio do ritmo de 5 minutos/quilómetro ao tempo que adestraba para a Behobia-San Sebastián. O Roberto, sen adestrar pero correndo como sempre. Frank, facendo de mais con chegar á meta (lembrade que… “litros de alcohol corren por mis venas, mujer…”). Bernardo, gardándonos as costas a todos. E o Cronista sufrindo para facer un ritmo de 3,44´´/quilómetro e lembrando que tiña que facer outros 15 quilómetro máis (9º da categoría). A criticar, coma en anos anteriores, a estreitura da saída (así non hai quen corra...)
Foi un día magnífico para tomar o asfalto coruñés, onde puidemos saudar a “todo o mundo” das carreiras populares. Esta proba comeza a ser tan participativa como as mellores de Galicia pero cun nivel… alucinante. Chegaron á meta un total de 1970 atletas inscritos.
Das ausencias, que dicir... que agardamos que moi cedo nos acompañen...
Foto da Avda. Mariña vía La Opinión.
Foto da Avda. Mariña vía La Opinión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión