Que semana máis rara. Teño cansancio mental, de adestrar, correr…
Esta semana tocaba pouco traballo, mais para compensar (si xa sei que non se debe facer) o da pasada, fixen algún adestramento de máis. Ademais, tocaba ao test de 2x6000. Un adestramento que nunca me sae. Tiñan que as dúas series a 25.00´´ e a 22.20´´. Saíron a 24.32´´ e 23.17´´ (ben é certo que a última fíxena en progresión rematando a 3.40´´). En outubro saíran a 24.40´´ e 23.50´´ pero hai un ano, pensando na maratón de Barcelona, fixéraas a 23.20´´ e 22.31´´.
Continúan as molestias en todo o lado dereito (piramidal, isquio e fascia lata) pero só en repouso. Agardo que aguanten a carreira. Curiosamente tamén hai algún problemiña no nocello esquerdo. Mais fisicamente creo que non vou mal.
En resume, fixen esta semana: 17, 18, 17, 14 e 20 hoxe domingo, é dicir, 86 quilómetros cando no plan de adestramento tocaba facer só 60. O sábado e o domingo trotei ao redor do Monte Louro.
Pero o peor de todo son as horribles previsións metereolóxicas para o domingo 15: vento forte e chuvia.
Hoxe tócame a min darche ánimos.A proba dos 6000 esta vez non a fixen, non tiña moitas ganas de facela a a verdade nunca fun quen de facelas ben.
ResponderEliminarMoita sorte cara o domingo, esperemos que as previsións meteorolóxicas non se cumpran. Para París a cousa tamén pinta con chuvia.
Grazas, Xosé. E boa sorte a todos os Taninos en París.
ResponderEliminarNos veremos en la salida querido Antonio, y en la meta, llegaremos al mismo tiempo, nosotros con 10 y tu con 42km. la vida, cuídate.
ResponderEliminar