20/5/12

Baleirando ou enchendo o depósito?


Pois non sei que estiven facendo esta semana, se baleirando o que quedaba no meu depósito muscular ou, pola contra, iniciando a recuperación.

Vaiamos por partes:
Tras o paseo do domingo anterior, o  luns 14 decidín que non tocaba trotar e marchei ao ximnasio para facer 30´de abdominais e 60´ de pesas (body pum). O martes fixen 1.000 metros de natación (30´)  despois de máis dun ano… e trotei 5 quilómetros (25´) para, logo, estirar ben. O 17, con Pili e Julio fixemos 20 km en 92´ rematando a bo ritmo. As pernas aguantaron ben. A foto do trío é da semana pasada. Tras ver a recuperación, decido con Pili, que faremos a Media Maratón da Coruña sen forzar, a ritmo tranquilo. Será a primeira proba da nosa keniata en moitos, moitos, moito meses e trataremos de que a goce.

 O venres 18, doei sangue (non será posible facelo nos vindeiros meses) a pesar do cal trotei 10 km (45´) e logo 30´ de GAP e outros tantos de abdominais. Acabei esgotado, sen reservas. Ben pola calor, ben pola doazón ou ben porque no depósito xa non hai nada.

O sábado cheguei tirado á casa despois de 59 minutos e 13 km. O domingo decidín facer a ruta dos inicios das temporadas: 18 km que saíron en 1.18´.

Resultados semanais en quilómetros 65 (a semana pasada foran 42) e tres horas de ximnasio.

Non sei se estou a esgotar o fondo que me quedaba da preparación da maratón de abril ou iniciando unha nova tempada. De feito, estou tratando de variar os percorridos dos adestramentos para buscar boas sensacións, de non repetir. Algúns días vou con música e outros non.

E o nocello esquerdo? Pois continúa moi raro. Algúns días non me molesta nada, outros durante os des primeiros minutos do trote e algún mesmo en repouso está a amolar. O piramidal e a fascia lata dereita continúan sen estar en perfecto estado. As pulsacións aínda están moi altas…

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas por deixarme a túa opinión