1/7/12

Iniciando a temporada: segundo semestre de 2012


Despois de deixar o meu corpo nas mans de Paloma Villar a semana pasada, iniciei, con calma, unha nova temporada. Como as molestias, cada vez menores, continuaban no nocello esquerdo (tres meses xa do inicio da lesión), volvín poñerme nas mans da miña quiropráctica. O resultado foi que me debo esquerceme do nocello, que xa non hai inflamación dos ligamentos e que as molestias, sendo normais, irán a menos. Pois con esa ilusión comecei, de novo, a trotar pensando, sempre teño que ter un obxectivo na cabeza, nas probas de agosto na contorna de Muros (Lira, Carnota, Serra de Outes, Pobra do Caramiñal…)

O luns, 25, fixen 13 km; o mércores 7 km; o xoves 8 km; o venres 12. Ademais fixen dúas horas de ximnasio de GAP e abdominais.

O sábado 30, saín con Pili, lembrando adestramentos de hai anos, en dirección a Mera e como xa nos acontecerá algunha vez, o ceo decidiu esgotar as súas reservas de auga sobre nos cando iniciábamos o regreso. Tivemos que agardar a que escampara. Foron 17 km máis. Este día xubilei as miñas Asics Cumulus-13 ao chegar aos 1.100 km.

Finalmente o domingo, e collendo a Pili a traizón, volvemos ir ata Mera pero hoxe ata o Faro. Son 9,2 km de ida e outros tantos de volta, cun desnivel acumulado de 431 metros. A ida fixémola en 44.15´´ e o regreso en 44.30. É dicir nuns tempos moi semellantes a hai case dous anos.


O resume semanal: dúas horas de ximnasio e 78 km. É dicir, xa unha boa semana en canto á cantidade de quilómetros. Outra cousa é o mes de maio: 144 km. O mes con menos quilómetros desde hai máis dun ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas por deixarme a túa opinión