Desde o
11 de novembro, é dicir desde a Behobia-Sansabestián só 24 kms e algunhas sesións
de ximnasio. Hai serias molestias nun isquio e a pubalxia case non remitiu
nada. Pola contra, e a base de alongamentos, os piramidais vanse comportando
mellor.
E a
pesares diso… participei na “II Legua Solidaria Hípica Malawi” na Coruña cun
percorrido de 7.300 metros polo Paseo Marítimo da Coruña.
Como
ben sendo xa habitual, recolleume na casa Raúl, cada día máis Mariscal, e fumos
ata a Hípica a recoller os dorsais. Tempo para saudar amigos e amigas e
facermos unha foto co Club de Atletismo Sada que por certo, tiña un fin de
semana moi activo: Maratón de San Sebastián, Media Maratón de Vilagarcia, Corre
con nós de Lugo…
Tras
ver algunha das probas dos cativos, co boa e triunfante representación do CAS,
fixen o quecemento con Raúl, na busca de Teresa e Álvaro.
Na hora
prevista deuse a saída verbalmente. Vou detrás de Roberto e Alberto. Alucino
cun “principiante” que se marca un sprint brutal nos primeiros douscentos
metros… pobriño. Á altura do Castelo paso a Roberto e tiro cara Adormideiras.
Voume atopando ben e tirando. Recibo o cariñoso saúdo de Teresa e Álvaro así
como de Jesús que hoxe decidíu deixarme a min a representación do club na categoría
de anciáns (Ánimo campión, o asfalto agarda por ti) Tras chegar ao alto de
Adormideiras trato de non ser adiantado por moita xente na baixada o consigo.
Véxome cómodo e forte. Cando estamos de novo á altura do Castelo de san Antón e
contando que queda pouco máis dun quilómetro, aumento o ritmo e collo a un grupo de
seis atletas onde, creo, vai xente da miña categoría… mais a decepción é
tremenda ao comprobar que só levo uns vintedous minutos e que polo tanto hai
que volver subir a Adormideiras. Cachisss. Entón comprobo o que é non adestrar
e querer participar en carreiras… Sufro e trato de que só se me marchen algúns do grupiño que
adiantara previamente.
O
último quilómetro e medio fáiseme moi longo e duro.
Tras os
7.300 entro na meta cun sorprendente tempo 27.05´´ a 3.42´´ o quilómetro. Non
sei de onde saíu tal velocidade. Non o comprendo.
Agardo
polos amigos e de súpeto a sorpresa: posto 23 sobre 461 e 1º na categoría.
Como xa
tiña decido teño que parar de trotar e ir ao fisio. Hai que recuperarse para a
fermosa e atlética primavera que nos agarda.
A seguinte reportaxe fotográfica procede das tiradas por Raul, Mónica e da organización.
te sales neno......
ResponderEliminar