Unha
semana ben pobre, case sen quilómetros, vamos o que un friqui diría unha semana
de asimilación do traballo realizado:
Foron
34 quilómetros, dúas sesións de abdominais no ximnasio e 90 minutos de pesas
(fitpower). Mais houbo unha fermosa novidade: o regreso de Pili ao ximnasio.
O
sábado estaba inscrito nunha proba en Carral… mais non puido ser. Neses poucos
quilómetros están incluídos os da participación na III Carreira contra o cáncer
da Coruña sobre un percorrido de 5.000 metros (máis ben serían uns 4.800).
A verdade que foi toda unha sorpresa ver tanta xente na zona coruñesa de Riazor. Entre unhas probas e outras superaríanse, con moito, as mil persoas. Todo sexa por unha boa causa.
A verdade que foi toda unha sorpresa ver tanta xente na zona coruñesa de Riazor. Entre unhas probas e outras superaríanse, con moito, as mil persoas. Todo sexa por unha boa causa.
Desde
Montrove baixamos á capital todo un equipazo e en Riazor agardaba por nós unha
parella imprescindible. Por fin volvemos moitos a participar xuntos: o Mestre
Juan quixo deleitarnos coa súa emblemática presenza (grazas… contigo nada é
igual) Tamén Pili fixo o esforzo de tratar de trotar con nós (xa falta menos
para o teu regreso…)
Houbo
oportunidade de saudar á xente do Club de Atletismo Sada, xa un grupo máis que
consolidado en calquera proba atlética que se celebre en Galicia, así como a
outros amigos e amigas.
No quecemento bailando mentres outros trotan
Con só
dez minutos de retraso deuse a saída. Coloqueime diante tendo coma referencia a
Roberto García pero sen présa por coller o ritmo de carreira. Os primeiros mil
metros son de adiantar xente (por que non se colocarán segundo o seu ritmo e
deixarán de empeñarse un facer un sprint na saída…?) sempre polo lado máis
longo das curvas. Ao chegar á rotonda do Milenio vexo que xa vou bastante
adiante, aínda así trato de coller un ritmo algo máis alto e continuar pasando
xente ata o Pazo dos Deportes. Na segunda volta só manteño o ritmo e a
posición. Despois do segundo paso polo Milenio pásame Félix e case na liña de meta
outros dous atletas.
Entro
con pulsacións moi altas… pero recupero axiña e felicito a Roberto, Félix e
Alberto. Fixeron uns tempazos. Entrei de 34 (sobre un total de 915) en
17.38 a 3.32´´ o quilómetro segundo os resultados oficiais da Federación mais
sei que o ritmo no era tan bo porque a distancia sería algo menos. Comprobando
as idades dos participantes na meta vexo, con certa satisfacción, que non
entrou ninguén de máis idade ca min por diante…
Contento
porque non apareceron as molestias… Semella que tras oito meses, a pubalxia e as
dores complementarias van ficando atrás.
Despois
da carreira houbo un reagrupamento do grupo e as cañas no lugar seccionado por
Raúl: O 21 onde nunha mesa hai unha foto de dous rapaces xogadores de hoquei a
patíns…
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión