Rematei
abril con 241 km. Non está mal pero creo que debo ir aumentando o número de
quilómetros mensuais. Esta semana fixen
80 e iso xa é outro cantar. Ademais houbo un día de fitpower con Toni
(seguen valendo por dúas as súas clases?) e un amago de 6 series de 500 metros.
O sábado probei as novas zapas para esta temporada, unhas Adidas Energy Boots-2.
Tiven boas sensacións con elas mais vounas gardar so para as competicións ata
que non esgote as Asics. Dáme algo de pena cambiar de marca e modelo… pero tamén
teño ilusión por probar o famoso boots.
O domingo trotei 15 km con Pili despois de teren participado na I Carreira Solidaria Parque de Oleiros
O domingo trotei 15 km con Pili despois de teren participado na I Carreira Solidaria Parque de Oleiros
Xa que
esta finde non fun ata Muros, non había escusa para non participar nunha proba
na que colabora o meu club e que me queda a uns quilómetros da casa. Ë unha
proba rara para min pois ten unha distancia de 4.700 metros aproximadamente
(¿). No reparto de dorsais atópome con moitos coñecidos, facendo un corto
quecemento con Álvaro.
A "pequena" representación do Clube de Atletismo Sada na proba
A saída
era dende o aparcamento tendo que baixar dous andares pola rampla dos coches.
Neses metros iniciais adiantoume moitísima xente. Baixo mal e se hai curvas moi
pechadas aínda peor. Cando deixamos de baixar pásanme Felipe e Alberto quen me
pregunta, “Alguén está fóra de sitio, ou ti ou nós?”
Dirixímonos
polo parque industrial ao que temos que dar dúas voltas. Comezo a mellorar
posición. Calculo que vou de 20. Axiña aparece unha dura subida. Pásame algún
corredor máis. No inicio da segunda volta empezo a recuperar posicións e na
repetición da subida adianto a Julián J. animándoo
e lembrándolle que eu non teño sprint para que force ao final.
Despois collo a Toni. No último quilómetro e medio trato de manter (forzar) o ritmo para que os de atrás non me collan e seguir achegando aos que teño diante. É a zona con máis público. A sección infantil do CAS anima un montón e achégome para chocarlles a man.
Despois collo a Toni. No último quilómetro e medio trato de manter (forzar) o ritmo para que os de atrás non me collan e seguir achegando aos que teño diante. É a zona con máis público. A sección infantil do CAS anima un montón e achégome para chocarlles a man.
Rematando a segunda volta ao polígono
Resultado:
18.05´´, de 13 na clasificación absoluta sobre un total de 351 e de 4º na categoría de
máis de 45 a un ritmo de 3.37´´ o quilómetro.
Tras
cruzar a meta, e sen deixar de suar, collo o coche e vou ata Montrove para
facer os quilómetros prometidos con Pili. No Paseo do Burgo cruzámonos con
Paloma, Antonio, Álvaro…Onde estará o Raúl?
As fotos da carreira son de Félix.
As fotos da carreira son de Félix.
Unha
boa e esgotadora semana
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión