Foron
59 km correndo e uns 29 camiñando.
Iniciei
a semana camiñando con Montse e Antonio polas Fragas do Eume ata Caaveiro,
xantando na Taberna do Río Covés. Despois houbo catro días de trote incluíndo, o
sábado, a participación na XXIII Carreira das Areas de Carnota. Ese mesmo día e
coma mesma compaña, subimos Monte Louro. O domingo fixemos una andaina circular
desde Louro a Taxes.
Participar
na proba de Carnota ten sempre un aquel (como empregan na zona esta verba…)
especial. Chea de amigos e amigas (onde estabas Inés?) nunha paraxe idílica.
Por terceiro ano consecutivo o concello fai cambios na saída e na chegada…
O
dorsal foi entregado por una alumna que pasa aquí o verán. Vou saudando
coñecidos e mesmo xente do club (Mª Luísa, Adrián, Juan, Julio). Tiramos una
foto con parte da representación.
Este
ano deunos plantón Angel Carracedo. Non atopo a Paloma e a Antonio. No
quecemento agardo por Carmen. Fago con ela o seu último quilómetro. Entra en
meta como a primeira fémina na distancia de 5.000. Parabéns, campiona.
Colócome
na terceira liña de saída detrás de José Manuel R. Tajes. Ao iniciarse a proba
un “elemento” case nos tira a varios participantes ao adiantarnos nos primeiros
metros. A pesares diso, semella que só un atleta forza o ritmo na saída. Faise
un grupo de trinta corredores. Durante o primeiro quilómetro a proba descorre
por asfalto, rematando o mesmo o grupo estírase e eu fico descolgado (moitas
veces teño pensado que como atleta son dos primeiros dos malos…)
Na
entrada na area, Tajes vaime collendo metros. Tirando en dirección Maceiras. Vou
só. Ao pouco un atleta pásame moi rápido. Trato de ir con el. Non podo. Pero
curiosamente tampouco se achega ao grupo de catro corredores nos que vai Tajes.
Teño a uns dos amigos tirando fotos (grazas Arturo). En Maceiras damos a volta
para facer a tirada longa ata Boca do río (uns cinco quilómetros). A marea está
iniciando a subida polo que a área está en condicións estupendas para trotar.
Ao
pouco de iniciar esta tirada, collo ao rapaz (sempre son rapaces) que me
adiantara. Dígolle que se poña detrás para protexerse do nordés que nos da de
fronte. Aguanta un quilómetro e, de novo, cambia o ritmo e vaise uns metros. O
grupo de Tajes xa non aumenta a distancia. Chegando á metade da tirada volvo ver a Arturo tirando máis fotos. Tras pasar a metade da tirada collo ao rapaz e vexo que me vou achegando ao grupo de catro. Queda descolgado un, pásoo. Estes
últimos cincocentos metros antes de Boca do Río están cheos de regatos. Hai que
mollarse. Como me gusta esta proba... e sempre esquezo o dura que se fai.
Dando a
volta en Boca do Río vexo que teño a Tajes moi preto. AO collelo a el e a Ramón Canosa, este dime que vaimos xuntos
tirando. Póñome diante e tiro, tiro, tiro. Son metros que inmortaliza a
presidenta do meu club de Fans (grazas Marisa). Abandonando a área comprobamos que está
moi seca e branda. É Tajes que vai diante na pasarela de madeira que nos leva
ata o asfalto. Cando o pisamos, póñome de primeiro, dígolles que non teño
sprint (xa estou cando de dicir isto) e comezo a forzar todo o que podo. Forzo,
forzo. Sinto a respiración de Tajes detrás. Cando faltan uns cen metros pregúntanme
cantos faltan. Ao responderlles, fan un cambio de ritmo, fico tirado e só.
Blas e Rakel son testemuñas da ausencia do meu cambio de ritmo (grazas, colegas). Na meta sácanme nove e sete segundos.
Blas e Rakel son testemuñas da ausencia do meu cambio de ritmo (grazas, colegas). Na meta sácanme nove e sete segundos.
Resultados:
41.33´´ (é o peor tempo que teño na proba mais hai que ter en conta que nunca a
distancia é a mesma) coa posición 26 sobre un total de 181. Na categoría fago
3º detrás de José S. Leis e de José M. Tajes, que grandes!!! Por fin vexo a Paloma e Antonio.
Comparto con eles os momentos posteriores á carreira. É sempre un pracer.
Pola
tarde tocou subir o Monte Louro. Había moitos anos que non o facía. Unhas
vistas ben fermosas e una compaña moi agradábel. O domingo fixemos una andaina
circular desde Louro ata Campo de Cortes, Taxes e regreso. Foi un pracer visita
as capelas do Espírito Santo, San Marcos e A Magdalena en boa compaña así como
amosarlles o camiño dos muíños aos meus acompañantes. Rematamos a mañá cunha tapa e unha caña:
Unha
semana entre amigos.
siempre es un honor verte y compartir momentos, eres el mejor, besiños.
ResponderEliminarBoa crónica, transmite ben esa paixón por correr e coñecer
ResponderEliminarA presidenta, a túa prima :)
Grazas polos comentarios e pola compañía.
ResponderEliminar