Semana
de 78 kms. Xa non hai molestias (fican unas mínimas nun nocello) polo que
decidín iniciar una nova temporada… o obxectivo aínda por decidir. Houbo xa seis
saídas e unha sesión de ximnasio. O 24 atopeime con gran Noé, xa de regreso
definitivo tras a súa estadía laboral no Estados Unidos de América. Como
parecíame que ía "lento", xunteime a el. Claro que ía lento pois había dez días
que participara no maratón de Honolulu, en Hawai. O 25 fixen un amago de series
(4x500 entre 2.11´´ e 1.52´´). O domingo trotei con Pili ata o Faro de Mera.
O
sábado participei na:
II
Carreira pedestre do Anllóns
Foi una
carreira ben especial. Dona Laura íase estrear nunha carreira. Para
inmortalizar o evento pedímoslle a Angel Maceiras que fixera a seguinte foto:
Fixemos
algo de quecemento e mesmo comprobamos o estado do percorrido posto que a
semana anterior José Leis avisárame de que podería haber moita lama. Pareceunos
que o estado do camiño ao carón do Anllóns non era malo e que so deberíamos ter
moito coido nas pasarelas de madeira.
Tras
desexarlle moita sorte e aconsellarse que saía moi lenta para logo ir gozando
da proba, despedinme de Laura e permanecín uns minutos con Manuel Ferreira
agardando polo inicio do proba. Non saio moi rápido e mesmo quedo sorprendido
pola cantidade de xente que me pasa, mesmo unas tres ou catro rapazas. Asfalto
en baixada, e axiña una primeira ringleira de a un na que todos temos que ir
máis amodo. Desde que entramos no paseo polo río vou adiantando xente (ao
rematar a proba e comentala con Laura fun consciente que, despois da saída, non
fora adiantado por ninguén). Hai que ir con coidado de pisar ben. Non me gusta
ir moi próximo ao de diante polo que sempre que podo trato de ir pasando xente.
No quilómetro dous non quero mirar o cronómetro, no tres tampouco. Cando damos
unha volta e iniciamos o regreso, río arriba, vou case máis pende de ver e
saudar a Laura que de correr. Non a vexo. A paraxe é moi fermosa.
Regreso,
río abaixo. Continúo pendente de Laura. Por fin nos vemos e saúdamos, cada un
por un lado distinto do río. Teño a sensación que agora podo concentrarme en
correr. Quilómetro tres, creo lembrar que en 11.15´´. Aumento algo o ritmo e
vou adiantando xente: un, dous, tres…Cando falta quilometro e medio teño diante
a un grupo de tres atletas. O primeiro en ser adiantado é o máis novo. Logo
outro que podería ser da miña categoría e xa, por fin, iniciamos os derradeiros
metros por asfalto e en dura subida. Non collo ao que levo diante pero tampouco
teño perigo por detrás.
Meta.
Rapidamente ao coche a recoller as bolsa e agardar por Laura na meta. Sácolle
un pequeno vídeo. Ben moi contenta e nada esixida.
Resultados:
Laura 217 sobre un total de 270 cun tempo de 36.03 polo que o seu ritmo foi de
5.27´´. Xa se pode sentir coma unha bergantiñana máis.
Eu entrei na posición 23 cun tempo de 25.44´´ a 3.54´´. Na categoría entrei por detrás de José Leis e por diante de Juan Carlos Bergondo. O CAS fixo moitos pódiums. Dous chocolates quentes fixeron marabillas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión