Debo estar un pouco tolo. Se o estado de forma non é o axeitado para que me
inscribir nunha media dura? Non me chegaría coa dureza da media O Grove-Sanxenxo? Para que me inscribiría
na media maratón máis dura á que nunca me teño enfrontado? Diagnostico tolemia
absoluta.
Toda a
xente falaba marabillas da media “Os 21 do Camiño”, entre Palas e Melide polo
camiño de Santiago e tras comprobar que o tempo non sería malo (nubes, sol e
18-17 graos con algo de nordés) inscribirme para constatar que, efectivamente,
é unha proba preciosa. Pero… preciosa se se toma con calma, non é para facer
marca nin para sufrir (non estou para iso).
Fixen a
viaxe ata Melide con Segis (grazas meu por unha viaxe tan agradábel). Tiramos
fotos cos do Cas en Palas.
No escaso quecemento comprobo que non teño pulmóns
para as costas polo certifico que será mellor ser prudente e tirar con calma.
Mirade con é o perfil:
A saída
cólleme charlando con Jorge Rodríguez polo que inicio a proba case sen
decatarme. Saída e xa iniciamos unha subida que practicamente dura tres
quilómetros. Non entra aire nos pulmóns. A respiración é moi esaxerada. Noto
axiña que unha zapatilla está atada, e ben atada, moi frouxa polo que notareime
inseguro en toda a proba. Collo a dúas rapazas (as dúas deixaranme
definitivamente na grande subida do km 11 para quitarme entre 1 minuto e minuto
e medio na meta) Parece que as posicións xa están moi estabilizadas aínda que
neste primeiro tramo en baixada son adiantado por varios corredores.
Tras
eses primeiros quilómetros entramos, por fin no camiño de Santiago en
dirección, de novo, a Palas. Tras cruzar a vila e uns metros por unha estrada,
iniciamos o tramo máis fermoso do camiño. Son uns quilómetros dunha grande
fermosura.
Imos ao carón dun regato por un sendeiro no medio dunha espectacular fraga. Para correr non é precisamente o lugar máis idóneo pois o sendeiro é estreito e con curvas pechadas polo que non é doado deixar de molestar aos corredores que van ao meu carón.
Atoparémonos dous grupos de gaiteiros na proba así coma bastante xente animado nos cruces e nas pequenas aldeas que atravesamos. É unha delicia correr así, con tan animación. Grazas. Fago case todo o camiño cun grupo de seis persoas que nos imos adiantando. Fago o primeiro dez mil en 42.30´´.
Imos ao carón dun regato por un sendeiro no medio dunha espectacular fraga. Para correr non é precisamente o lugar máis idóneo pois o sendeiro é estreito e con curvas pechadas polo que non é doado deixar de molestar aos corredores que van ao meu carón.
Son uns quilómetros en baixada suave pero con algún tramo en forte pendente nos que unha deda comeza a sufrir, coma sempre que hai baixadas. Nas baixadas non freo senón que forzo.
Subindo, subindo
No km
11, na posición 75, iníciase a famosa e temida costa na que este ano fixeron
unha cronoescalada. Inícioa paseniño, con calma, mesmo case camiñando pero constante
polo que adianto algunha posición. Aínda que soe case a arrogancia, tanto medo
lle tiña que ata se me fixo curta e suave.
Ao coroar, na posición 73, hai un avituallamento con auga e vasiño de
isotónica. Párome para coller o vaso e xa bebo correndo. É o intre no que un
colega de "Corredores Acea de Amá”, Carlos, fálame e imos tirar xuntos outros
cinco quilómetros máis. El toma un xel pero eu agardarei ata ver o seguinte
punto con auga. Cando o vexo, tómoo e volve sentar mal (coma en Porto 2014). Non
podo case respirar. É un minuto moi incómodo, case angurioso.
Cruzando pontes
Tras un
grolo de auga, xa no 18, Óscar e outro colega vanme collendo metros, pois eu u
comezo notar a falta de forza. Trato de gardar algo para o derradeiro
quilómetro pois sei que pica para arriba. Neses últimos metros, adianto a outro
colega, a quen animo. Xa en Melide fago o marcarra todo o que podo na liña de
meta chocando a man con canto cativo vin.
Resultados:
1.32.20´´ e de 69 na xeral sobre un total de 507 chegados á meta e de 4º na categoría
a un ritmo de 4.23´´.
Unha proba tan fermosa coma dura e cunha excelente organización. Parabéns.
As fotos procenden dos álbums colgados en Correr en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión