2/10/16

VI Carreira da Auga: que mala lebre fun.

Continúo parado con visitas frecuentes ao ximnasio.

Case sen pensar fixen de lebre na VI Carreira da Auga de Sada.

Non madruguei moito. Cando cheguei a Sada, 7.30 da mañá boa parte do traballo organizativo xa estaba feito. Tocoume balizar un pouco o percorrido e rematar coa publicidade. Da gusto pertencer a un grupo de xente tan disposta a organizar e colaborar nos traballos. Cada Felipe faime entrega do tutú fun consciente que de verdade ía facer da lebre de 50 minutos. Son dúas semana sen pisar o asfalto. Pensei que o ritmo aínda sería cómodo para min polo decidín comprometerme con club tan só unas horas antes da saída.

Breve quecemento con Felipe. Tempo para tirar a foto cos compañeiros de lebre e outra con case todos os  e as participantes do club.





 Na saída vou deixando que Felipe, lebre de 45´) vaime collendo metros. Vou algo intranquilo pois non sei se acertarei co ritmo no primeiro quilómetro. Penso,a priori, que nos seguintes será máis doado coller o ritmo de 4.55´´. E o primeiro saíu en 4.41´´.  Trato de baixar o ritmo na saída de Sada pero fago 4.39´´. Nestes primeiros metros vou contando en alta voz como é o percorrido así como a dureza de cada subida.


Vaise formando un grupo. O terceiro km xa foi a 4.55´´ e xa con algo de subida. Vou comentando que imos gañando tempo para poder perdelo na longa subida pero os seguintes mil metros volven ser por baixo dos cinco minutos. A xente que teño ao meu carón van cómodos co ritmo e tiro con eles. Trato de ir máis pendente do meu colega Javier L. Martín que fai amagos de quedarse.

Vou radiando o percorrido, o habituallamento, o pouco que falta para rematar a subida. Son dous quilómetros a 5.01 e a 5.03´´. Cando iniciamos a baixa digo en voz alta de que se poden que forcen un pouco. Eu vou cómodo e déixome ir con eles. Ao chegar rematar o km 7 comprobo que saíu a 4.31´´ e son consciente de que imos a ritmos de 48 baixos. Que erro. Que inmenso erro.

Decido pararame e ir trotando algún metros con da grupiño de xente que me adianta. Incluso algún corredor (con razón) chamoume a atención por iren tan rápido. Corro con algún e párome agardando polo seguinte grupo. 


Dando un ultimo ánimo

Corro e párome para axudar a outros e así ata a liña de meta que cruzo en 49.20´´.
Preparándome para facer na meta un "fermín".



Na cola do habituallamento son saudado polos integrantes do primeiro grupo que entraron en meta sobre 48´.

Está claro que se non  adestro tampouco son quen de calcular os ritmos.

Quero pedir perdón a todos aqueles que contaban ter unha lebre durante todo o percorrido a un ritmo de 4.55-4.59´´ e non a tiveron.