Continúo parado con visitas frecuentes ao ximnasio.
Case sen pensar fixen de lebre na VI Carreira da Auga de Sada.
Non madruguei moito. Cando cheguei a Sada, 7.30 da mañá boa parte do
traballo organizativo xa estaba feito. Tocoume balizar un pouco o percorrido e
rematar coa publicidade. Da gusto pertencer a un grupo de xente tan disposta a
organizar e colaborar nos traballos. Cada Felipe faime entrega do tutú fun
consciente que de verdade ía facer da lebre de 50 minutos. Son dúas semana sen
pisar o asfalto. Pensei que o ritmo aínda sería cómodo para min polo decidín
comprometerme con club tan só unas horas antes da saída.
Breve quecemento con Felipe. Tempo para tirar a foto cos compañeiros
de lebre e outra con case todos os e as
participantes do club.
Na saída vou deixando que Felipe, lebre de 45´) vaime collendo metros.
Vou algo intranquilo pois non sei se acertarei co ritmo no primeiro quilómetro.
Penso,a priori, que nos seguintes será máis doado coller o ritmo de 4.55´´. E o
primeiro saíu en 4.41´´. Trato de baixar
o ritmo na saída de Sada pero fago 4.39´´. Nestes primeiros metros vou contando
en alta voz como é o percorrido así como a dureza de cada subida.
Vaise formando un grupo. O terceiro km xa foi a 4.55´´ e xa con algo
de subida. Vou comentando que imos gañando tempo para poder perdelo na longa
subida pero os seguintes mil metros volven ser por baixo dos cinco minutos. A
xente que teño ao meu carón van cómodos co ritmo e tiro con eles. Trato de ir
máis pendente do meu colega Javier L. Martín que fai amagos de quedarse.
Vou radiando o percorrido, o habituallamento, o pouco que falta para
rematar a subida. Son dous quilómetros a 5.01 e a 5.03´´. Cando iniciamos a
baixa digo en voz alta de que se poden que forcen un pouco. Eu vou cómodo e
déixome ir con eles. Ao chegar rematar o km 7 comprobo que saíu a 4.31´´ e son
consciente de que imos a ritmos de 48 baixos. Que erro. Que inmenso erro.
Decido pararame e ir trotando algún metros con da grupiño de xente que
me adianta. Incluso algún corredor (con razón) chamoume a atención por iren tan
rápido. Corro con algún e párome agardando polo seguinte grupo.
Corro e párome para axudar a outros e así ata a liña de meta que cruzo en 49.20´´.
Dando un ultimo ánimo
Corro e párome para axudar a outros e así ata a liña de meta que cruzo en 49.20´´.
Preparándome para facer na meta un "fermín".
Na cola do habituallamento son saudado polos integrantes do primeiro
grupo que entraron en meta sobre 48´.
Está claro que se non adestro
tampouco son quen de calcular os ritmos.
Quero pedir perdón a todos aqueles que contaban ter unha lebre durante
todo o percorrido a un ritmo de 4.55-4.59´´ e non a tiveron.
Para mi me has válido de liebre perfecta!! Aunque en teoría tuvieses que marcar los 50', gracias a ti pude conseguir mi mejor marca personal bajando hasta los 47:34 (y acabando bien, sin cansancio) así que por mi parte perfecto :P Ahora afrontaré la de Coruña con otros ánimos, aunque no sé si seré capAz de igualar o mejorar esto jaja
ResponderEliminarGrazas Daniel e parabéns pola marca.
ResponderEliminar