A perseveranza é unha calidade innata aos fondistas e a perseveranza no desexo de que o club estivera presente na III Media Maratón de León por parte do Tesoureiro da nosa institución, levou a que dous atletas inscribíranse nesta proba. Ademais estiveron acompañados por Antonio, gran colega de Sobrinoff, a súa esposa Paloma así como polo imprescindible Fernando.
Tras unha viaxe tranquila e agradábel, dirixímonos á retirada dos dorsais, recollida da fermosa camiseta e a visitar a feira de deportes para logo tomar posesión dunha habitación tripla (as escasa, ou nula dietas do club impediron a contratación de tres cuartos individuais). Observade, por favor, a que tipo de hoteis vémonos obrigados a frecuentar. Isto non é un club nin ná de ná.
Posteriormente, as nosas pernas encamiñáronse polo Barrio Húmedo de León na procura dos seus afamados fiambres. Os viños magníficos, a cena impresionante. Neste apartado gastronómico-etílico debemos salientar os gin-tónics do hotel Conde Luna, uns combinados con copyright. O seu barman, Manolín, experto e curtido mestre da noite leonesa, non quixo desvelar, pese as insistencias de Paloma, un compoñente das bebidas que nos preparou. Combinados con distintos tipos de xenebra en función do gusto do cliente: máis ou menos secos, máis ou menos suaves.
Na noite do sábado ao domingo, o lugués amigo Fernando, foi o garante do soño dos atletas ao erguerse ás 05,30 horas e enfrontarse no corredor do hotel a un nutrido grupo de rapaces alcolizados. Estivo duro, duro, duro. A iso das 8,00 horas Sobrinoff decidiu que xa era hora do tomar o almorzo que trouxera desde Montrove: froita, queixo fresco, pan integral e zume. Este home está en todo.
Con tempo dabondo dirixímonos á saída, tiramos unhas fotos con Bernando e o seu grupo. Mentres Paloma e Fernando tirábannos fotos pola carreira, o Cronista decidiu que ese domingo non era o seu día e decidiu probar unha nova sensación, a da retirada. Mentres Antonio e Raúl, saíndo de menos a máis foron aumentando o seu ritmo e adiantando ao grupo das dúas horas e ao do 1.50´ para entrar na meta por debaixo da hora e corenta e nove minutos. Acadaron os seus mellores rexistros na distancia. Terán límite estes atletas?
O circuíto é magnífico e fermoso. A meta é espectacular: nun estadio de atletismo ateigado de xente. A recepción aos participantes inmellorable (canto temos que aprender…) e moi agradábel: campo de herba, animación, bolsa do corredor con múltiples agasallos… Tras a carreira gozamos dunha enchenta a base de embutidos, sopa de troita (xenerosa e fantástica) e outros manxares. A sobremesa que case ninguén quería (verdade Fernando) foi… uhhhhhmmmmm. Ao xantar estivemos invitados, en parte pola xenerosidade do noso anfitrión leonés e en parte porque as finanzas do noso club non dan para máis.
Foi un fin de semana cheo de todo: bebida, xantares, deportes, sol… Ata o vindeiro ano.
Relato da proba no xornal La Crónica de León e no Diario de León.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión