Tras os problemas aparecidos febreiro de 2010, e tras tres meses de parón (abril, maio e xuño) volvín pouco a pouco a facer quilómetros. De xullo 2010 a febreiro 2011 estes foron os quilómetros por mes: 100, 186, 198, 234, 260, 314, 309, 302. En progresión e, sobre todo, nas dez últimas semanas seguindo estrictamente un plan de adestramento: aumentando as distancias e mellorando nos tempos das series. Como non hai maratón na que non me aconteza algo nos días-semanas previas, nesta ocasión apareceu unha gran ampolla no pé dereito e, sobre todo, collín unha gripe a cinco días da proba: martes, mércores, xoves, o venres e ata o sábado continuaron as dores de cabeza así como a sensación permanente de ter unhas décimas de febre...
Este ano sería miña quinta maratón e a primeira con 50 anos. O corpo e a cabeza quedaran cansos dos adestramentos e me pedían que esta sexa a última que preparamos para mellorar marca persoal. O ano pasado fora de 2.57´. Tal e como se comportaron as pernas, cría posible baixar algúns segundos das 2.55´. Co esta idea marchei a Barcelona, acompañado por Isa, sen que nada disto sería posible: o apoio, comprensión e o seu cariño son fundamentais.
En Barcelona, a rutina: chamadas á familia. O sábado, turismo bibliotecario por Sabadell e xantar con Jordi. Café con Angels. Sesta, preparar a equipación do día seguinte (dorsal 1289), teléfono, cea. Durmir.
1ª Media Maratón para correr: 1.23.16
Cheguei con calma á liña de saída con tempo para sacar a foto dedicada a Pili. Fago un pouquiño de quecemento e de estiramentos. Cinco minutos an
2ª Media Maratón para camiñar: 1.39.08
Voume deixando caer. A cabeza empeza a traballar mal, mais quedan moitos obxectivos por cumprir. Ao igual que o ano pasado, paro a evacuar líquido no 26. A partir de aquí o cansazo, ou o virus da gripe, derrótame. Voume parando cada pouco. Trato de correr polo menos un quilómetro de cada vez (e non sempre o consigo). Non sufro, párome, camiño, troto... No 40, adiántame o grupo das 3 horas. Fago os dous últimos quilómetros en 12 minutos. 3.02.32, entro de 738 (sobre un total de 12526 chegados) e de 101 na categoría. Na primeira media, falláronme as pernas, na segunda, a cabeza. A única mágoa que teño é non poder dedicarlle unha mellor marca a Pili. Síntoo.
5ª Maratón rematada
É o maratón que menos canso remato e case sen sufrir. En ningún vídeo saio camiñando (menos mal). O parte de guerra é ridículo: unha zapUn día despois, a cabeza xa está a pensar como debo correr a seguinte maratón…
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión