O
pasado domingo 25 de abril fixen a
Vig-Bay: contento. Mais despois de entrar na meta, volvín en dirección Vigo
para animar aos coñecidos facendo, de novo, os tres últimos quilómetros
acompañando á miña gabachiña preferida. Esprintando con ela, o isquio dereito
protestou. Mirade como entramos os dous
na meta (unha por dentro e outro por fóra):
O
isquio non se deixou estirar en todo o día. O martes saín a probalo e… houbo
que parar aos quince minutos. Case desesperado, tratoume o xoves a miña
quiropráctica de cabeceira, dándome permiso para volver ao asfalto o sábado.
Mais o venres volvín saír outros quince minutos para quecer os músculos e,
logo, darlle unha boa sesións de estiramentos. Despois media hora de abdominais
no ximnasio (co Pili e Juan, que ledicia!!!). O sábado, con máis medo ca
ilusión, fixen unha tirada normal de 17 quilómetros. O regreso foi
especialmente rápido. Houbo molestias por todos lados pero non especialmente no
isquio.
O
domingo, sumeime ao adestramento polo paseo do Mero dos amigos do CAS. Antes
da hora convida, fixen uns quilómetros
para ir quecendo… Cando chegaron, tivemos oportunidade de comentar a pasada
Vig-Bay. Fixen a tirada de ida ata Cecebre con Bea a un ritmo de 5.30. Regresei
só a un ritmo de 4.02, indo de menos a máis. Chegado á Barcala, regresei por
Bea. En total 24 quilómetros.
Unha
vez na casa preparei o sobremesa da xornada “Flans glaseados á mandarina”… unha
auténtica BOMBA (prefiro poñer unha foto antes que o vídeo de King Africa)
O
resume semanal é un desastre: só 47 quilómetros, saltándome tres días de
adestramentos, dos que dous eran de series. Creo que xa estou a buscar escusas
por se os resultados da maratón non son os agardados, ademais desde hoxe pola mañá teño molestias na gorxa... cachissss.
Atopei a mesma foto noutro blog:
ResponderEliminarhttp://sandrillana.blogspot.com.es/2012/03/un-reve-realise-en-2-heures-et-6.html
MERCI...
Querido Antonio, solo queda una semana, las dudas florecen y las piernas protestan. Como experto en estas lides te pido consejo. Si en estos momentos la cabeza te dice "Estás loco, déjalo para otra vez que te duele todo y no merece la pena" ¿Que haces?.
ResponderEliminarSi aún así persistes con la idea de correr, que dieta sigues la última semana"
Un abrazo, un fiel seguidor
Antonio Álvarez
Querido Antonio: estes segredos que me pides prefiro non facelos públicos. Enviareiche un correo.
ResponderEliminar