26/3/12

Vig-Bay 2012: pensando na maratón da Coruña


Tras dúas semanas malas de adestramentos, e cos correlegas da Panadería de Osedo (Pachuco, Raúl e Roberto), participamos na Vig-Bay 2012. A temperatura foi de 14 graos na saída e ceo cuberto. Cando chegamos á meta eran xa 17. Non houbo vento polo que as condicións climatolóxicas foron excelentes. Nunca tanta xente vira nunha media maratón de Galicia: 4.400 inscritos. Case somos unha potencia no atletismo popular. Aínda lembro ben a primeira vez que corremos por Samil: chegáramos aos oitocentos?

Sei que nesta proba, como xa noutras, fáltame alguén preto de min. Voume afacendo a iso, pero cústame non ter compaña nos minutos previos ao inicio da carreira.

Antes da saída puiden saudar aos amigos do C.A. Sada para desexarlles moita sorte, especialmente a Bea e a Montse.

O obxectivo marcado era, segundo o plan de adestramento baixar de 1.23´. Tiña, ademais. o precedente de febreiro da media do Ribeiro en que baixara de 1.22. No caixón de saída compartín uns minutos con algúns colegas de Sada. Con eses datos na cabeza e con tres minutos de quecemento (nunca chegamos con tempo) tomei a saída.

Sendo bastante estraño en min, non saín moi rápido. Aguantándome, pasei o primeiro quilómetro en 3.50´´. Deixei que fora marchando a xente. Manteño un ritmo cómodo. Ao chegar ao quilómetro cinco, trato de buscar escusas sobre o ritmo peor do agardado: a costa. Cando chego ao dez pensei que iría baixando máis o tempo (39.08´´). Gustaríame ter baixado de 39´. Pero nada, busco outra vez a mesma escusa, a costa. Desde alí trato de subir o ritmo, amodiño pero constante, sei que debe ser o tramo máis rápido. Saúdo a Xosé dos Taninos, desexándolle moita sorte para a súa maratón de París. Non deixo de adiantar xente. Ao chegar ao 15, por vez primeira adiántame un rapaz. O paso por ese quilómetro non foi malo: 57.50´´. Non me gusta nada o paso por Praia América, é unha avenida longa e vese o remate da proba. Para compensalo, motívome na baixada á Ramallosa. De alí ao final toca sufrir. Trato de manter o ritmo. No último quilómetro desprego a miña bandeira republicana. Sempre hai algún berro de ánimo para ela. Forzo un pouco nos últimos douscentos metros. Sei que non fixen uns bos tres quilómetros finais.

Resultado:  1.21.27´´ a 3.52´´ , 5º na categoria e de 162 na xeral sobre un total de 4.100 atletas. Parece que podo manter o obxectivo na maratón do 15 de abril: continuar baixando das 3 horas. Os ritmos medios foron: ata o 5 km a 3,54´´. 
Do 5 ao 10 km a 3,50´´.
Do 10 ao 15 km a 3,45´´.
Do 15 a meta a 3,51´´.


Tras cruzar a meta, bebo, como e volvo saír en dirección a Vigo. Tócame animar aos amigos. Vou ao trote en dirección contraria á meta. A xente alucina. Saúdo e animo a Roberto. Despois collo a Montse e a acompaño uns metros para darlle ánimos. Logo vexo a Bea: na súa primeira media vai fenomenal, dime que vai cansa (entrarían en meta as dúas cuns tempos extraordinarios: 1.43 e 1.49.) Logo vexo a Antonio e axiña ao meu obxectivo: a Rabudiña. Ven fenomenal, sen suar. Dime que o pasou moi ben. Trato de animala constantemente nos tres últimos quilómetros (as palabras que alí nos dixemos nunca se farán públicas). Do 40 ao 41 pasa a máis de sesenta atletas. Non sei que máis podo facer por ela. Entra soa na meta por baixo do seu obxectivo. Parabéns campiona.


Fíxome moita ilusión, saber que Pablo Nieto tamén rematou a carreira. Parabéns Pablo.

Outra crónica colectiva en Panadería d´Osedo.
Foto en carreira de AlexhaPhotos.

4 comentarios:

  1. Boa e emotiva crónica. Vas coma un tiro!. Non sei que obxectivo tes na maratón da Coruña pero seguro que o vas conseguir. Grazas polos ánimos na carreira. Saúde e quilómetros!

    ResponderEliminar
  2. ¿alguén preto de ti? eh, que estábamos un montóoon (es broma) pensei que estaba pa dar ánimos, pero Antonio dijo cuando dejamos a Raul y Pachú "Paloma es la chica
    escoba", nos veremos en la de Coruña, perdón po lo meu mal galego, nacín en Zamora.
    Felicidades, siempre llegas el primero, será que te lo mereces.

    ResponderEliminar
  3. Xosé: grazas. Seguiremonos lendo e comentando os últimos adestramentos antes do vindeiro 15.
    Paloma: ben lembro onde naciches, que me tes a Antonio rodeado de zamoranas e leoneses... já, já. Vémonos na maratón. Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Me ha gustado mucho la crónica, muy humana y se puede ver que detrás de un corredor hay una ser humano que sabe valorar el esfuerzo personal que supone esto que todos llamamos "compartir las carreras". Enhorabuena Antonio.

    MANUEL FERREIRA VARELA

    ResponderEliminar

Grazas por deixarme a túa opinión