6/5/12

Continuo descansando


O sábado 7 de abril  notei as primeiras molestias na parte interna do nocello esquerdo. Aumentaron tras os 20 quilómetros do día seguinte. O 15 tiven que abandonar a no quilómetro 28 na maratón da Coruña. Dous días despois un médico de urxencias diagnosticoume un leve esguince. Eu nunca notara unha torcedura. Tiña molestias ata camiñando. Dez días despois, a miña fisio dime que non é un esguince senón unha inflamación dos ligamentos por sobre-esforzo. Quítalle importancia. Pero continúa con molestias. 

 O pasado 30 de abril (quince días despois da maratón) visito ao traumatólogo e corredor Gonzalo Couceiro (fixo 3.26 na maratón da Coruña) Coincide no diagnóstico de inflamación dos ligamentos. Máis antiinflamatorios. O sábado  5 probo o nocello durante dez minutos e hai molestias ao apoiar. Novo intento no domingo 6 e as molestias non me abandonan.

O nocello está moito mellor ca hai un mes pero aínda non está ben.

1 comentario:

Grazas por deixarme a túa opinión