13/5/12

Iniciando a recuperación?

Despois de tres semanas parado, o luns 7 amanecín sen molestias no nocello esquerdo polo decidín que o tempo de vaguear tiña que tocar ao seu fin.

Collín de novo as vellas zapatillas (unhas Asics Cumulus 13 con máis de 800 quilómetros), unhas mallas e unha camiseta (aínda lembro onde se gardan no armario) e trotei quince minutos (3 km) logo volvín iniciarme no ximnasio con 30 minutos de abdominais.

Como o nocello aguantara ben, o martes caeron outros 25 minutos (5 km); o mércores xa foron 41 os minutos (9  km) e ademais unha hora de Body Pump no ximnasio. O mércores a tirada chegou ás 55 minutos (12 km), tamén sen molestias pero coas pernas muscularmente moi cargadas. O venres só sain trotar 17 minutos (3 km) para poder estirar ben e logo 30 minutos de abdominais e outros 30 de GAP acompañado pola miña parella de deportistas preferida: Pili e Juan.

O sábado decidín que había que descansar… cando estaba descansando debaixo dunha mesa tratando de amañar algo, fixen un mal movemento co nocello e xa volvín notar molestias para todo o día.

O domingo, xa estou a rematar a crónica semanal, trotei polo paseo do río Mero co triatleta do grupo (non puido competir en Mera pois estaba convalecente dunha caída na bici), coa Keniata de Montrove (cada día máis preto de volver ser a nosa Kenita), acompañados na bici polo Mestre. Foron 55 minutos a bo ritmo (12 km). As pernas aguantaron ben pero tiven algunhas molestias no nocello.  Menuda pandilla de inválidos estamos feitos!!!. Quen nos viu hai 15 meses e quen nos ve agora:
-O Mestre tivo que deixar de correr, só ximnasio, andainas e bici.
-O Triatleta non gaña para sustos ou catarros..
-A Keniata de Montrove continua agardando a estar nunha forma física espectacular para voltar ás carreiras.
-E este Cronista aínda está metido no proceso de recuperar a forma (será posible?)


Valoración semanal: 42 quilómetros; recuperando o tono base no ximnasio; as pernas están ben; o nocello aínda está feble.

1 comentario:

  1. 42? Numéro magique! Semana maratoniana! Courage, Champion!
    Bisous de la de las Sapas del 41 y medio.

    ResponderEliminar

Grazas por deixarme a túa opinión