3/6/12

XVII Carreira Popular de Ordes: como pasa o tempo


Efectivamente… como pasa o tempo. Foi en marzo do 2005 cando participei por vez primeira nesta dura proba do Concello de Ordes. Cantos quilómetros, cantas probas, cantos amigos e amigas. A semana foi máis tranquila cas anteriores. 





 

O luns 13 km e abdominais. O martes natación, 16 km e proba de esforzo no cardiólogo. O mércores 13 km e Body Pump. O xoves só 9 km e o venres abdomiais. O domingo case un dez mil por Ordes. Érgome todos os días coas pernas cansas. En total 61 km e dúas horas e media de ximnasio. No nocello esquerdo continúan as molestias. Paloma aconséllame non parar.

O domingo pola mañá participei, despois de sete anos, na proba do Concello de Ordes. Lembraba que hai costas… pero non tantas nin tan duras: o corazón non tiña tempo para baixar pulsacións!!! Como se nota que non teño aínda o corpo nin a cabeza para as carreiras: deixei o meu chip na casa. Tiven que alugar outro.

Na liña de saída, cos amigos do Club de Atletismo Sada, comentamos que tíñamos que saír con calma porque a carreira era dura. Saín con Jesús, mantendo un ritmo alegre ata o quilómetro tres, onde na segunda gran costa, váiseme. Non me obsesiono. Sei que aínda non estou para gañar posicións nas subidas. Na metade da proba, pásame Roberto. Doulle ánimos. Coas posición moi estabilizadas chego ata o quilómetro oito, onde só teño diante a Roberto pero non o o collo. Na seguinte baixada aumento algo o ritmo pero na última subida adiántanme dous atletas. 

Entro na meta en 36. 30, a 15 segundos de Roberto e a cincuenta segundos de Jesús. O ritmo por quilómetro foi a 3.51´´ mellor do esperable. O equipo tivo un resultado magnífico: 4º. Só quedaron diante nosa: o Coruña Comarca, o Sar-Poutada e o Milladoiro.
A distancia oficial foi de 9.500 metros.
 Foto vía Correr en Galicia



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas por deixarme a túa opinión