Dúas
semanas sen poñer nada. Isto no pode ser e a continuación darémoslle remedio.
Na
semana do 20 ao 26 de agosto fixen 72 quilómetros e unha hora e media de
ximnasio(GAP e
abdominais) Houbo un intento de series de mil metros pero as pernas non responderon.
O venres e o sábado non fixen deporte mais si actividade social posto que os
amigos de Montrove viñeron pasar o fin de semana a Louro. Deste xeito, os que
aínda están
en condicións de trotar andivemos por Monte Louro e comprobaron porque me gusta
tanto ese percorrido. Ademais foi toda unha honra trotar con esas mulleres de
tanta forza e con Raúl e Álvaro (por suposto)
Fixádevos nas camisetas: Maratón de Madrid; Behobia-San Sebastian; Marató de Barcelona... E na praia de Area Maior.
Na
semana seguinte comeceina con 17 km e unha hora con Pili no ximnasio (GAP e abdominais)
onde coñecín esta fermosísima versión:
(Dádelle ao play para escoitala mentres ledes a crónica)
O
martes xa tocou 15 km con 10x500 entre 2.00 e 1.41´´, mais case todas por baixo
de 1.50´´ (o que tocaba era entre 2.07´´ e 1.5.0´´). O mércores 17 km e 30´de
abdominais.O xoves, cambio de plans e tirada longa: de Santa Cruz –Mera-Seixo
Branco- Castro de Subiña e regreso. En
total uns 20 km1.28´. Levaba case 30 anos sen estar nese castro e o pasado
domingo non me saía o seu nome polo que tocou subir ata el. Fermoso percorrido
cheo de costas.
Rematei o día con 30 minutos de GAP. O venres 15 km a trote. Así rematei agosto cun total de 376 quilómetros (nunca tantos fixen nun mes). Son moitos quilómetros pero noto que me falta forza e velocidade. A vindeira semana xa será outra cousa...Tamén xubilei o cuarto modelo de Asics Cumulus con 1.140 quilómetros. Agradecido lles quedo.
A proba é dura, dura, dura. Tras os primeiros metros
só me adianta unha persoa. Trato de ir adiantando xente a medida que a carreira
vai subindo, subindo, subindo. É máis dun quilómetro onde a pendente vai progresivamente en aumento ata acabar sendo unha tortura. A xente que teño por diante non parecen da miña
categoría (1966 e anteriores) polo que non forzo a marcha. Os últimos metros
son fermosísimo pois van ao carón do mar con Ría de Muros de fondo. Entro a uns 4 minutos por quilómetro nos case sete mil de que consta o cross. Entro
contento pois souben sufrir na subida e non forzar nas baixadas para protexer
os nocellos.
Rematei o día con 30 minutos de GAP. O venres 15 km a trote. Así rematei agosto cun total de 376 quilómetros (nunca tantos fixen nun mes). Son moitos quilómetros pero noto que me falta forza e velocidade. A vindeira semana xa será outra cousa...Tamén xubilei o cuarto modelo de Asics Cumulus con 1.140 quilómetros. Agradecido lles quedo.
SETEMBRO:
sábado de repouso e facendo unha sardiñada. Domingo volvín participar no Crosde Broña, na súa oitava edición (fixérao tamén na terceira). A sorpresa foi a
aparición, case máxica, da miña Rabudiña, sempren ben acompañada, que anda iniciando a temporada, con
permiso dos seus médicos.
Tras
cruzar a meta vou pola miña Rabudiña. Ven coma unha campiona e entra na meta
marcándose un fenomenal sprint.
Rematamos
os dous no podio ao acadar senllos terceiros postos. Parabéns, Sandra. A organización: de luxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión