Nesta
semana o meu plan de adestramento marcaba poucos quilómetros posto que ten
deseñado correr unha media maratón por baixo de 1.23´o domingo. O luns tocou
descanso, o martes fixen carreira continua con 17 km onde puiden saudar a Óscar
e trotar un pouco con Mariquiña. A verdade é que é unha delicia non trotar
sempre só. O mércores foron os mesmos quilómetros incluíndo 6x1000 onde saíron
os seguintes tempos: 4.14; 4.11; 4.02; 3.59; 3.38; 3.33. Foron bos tempos máis
poucas series… O xoves decidín descansar e non facer ná de ná. Para compensar
fixen o venres outros 17 km, media hora de GAP, outra media de abdominais e o
que cría ían ser tinta minutos de estiramentos convertéronse nunha hora de Bodyflex. Menos
mal que na sala do ximnasio estaban Juan, Teresa e Álvaro para facernos
compañía. O sábado trotei uns minutos comodamente (6 km) e o domingo… A
Coruña-10.
Tras
recoller a Raúl, dirixímonos ao Obelisco para saudar e fotografarnos cos amigos.
Toda unha ledicia ver tanta xente con gañas de participar nunha proba de
atletismo popular. Incluso estaba Roberto e… con dorsal!!! Tamén andaba por alí Blas...
Situeime
no meu caixón de saída sen gañas de estar diante. De feito, nada mais darse a
saída vou adiantando xente, sen forzar, o que me permite comprobar que estaba
moi comodamente situado. No quilómetro dous vexo que vou a ritmo de 3.45´´.
Continuo pasando atletas, incluso na subida a Adormideiras. Non paro de
mellorar o meu posto na proba ata practicamente o final. Na baixada a Riazor
nótome moi tranquilo e poucas pulsacións. Continuo mellorando, mesmo pasando a atletas da miña categoría mellores ca min. Mar tírame unha
foto (iso é unha filla; ás miñas? supoño que na cama). Fago varios intentos de
facer algún grupo cos corredores que vou adiantando. Non o consigo. Paso o quilómetro cinco en 18.50´´, cinco segundos máis lento ca o ano pasado, mais sigo tranquilo na confianza de ir gardando forzas para o final. Chegando á
Casa da Auga entro nunha pequena crise con amago de flato. Baixo un pouco o
ritmo uns cincocentos metros nos que ninguén me pasa.
Desde a
Praza de Pontevedra vou animando a unha rapaza para que non se me quede. Ao
chegar aos Cantóns convénzome de que teño que forzar a tope, mais na rotonda de
Porta Real noto que ven xente por detrás con máis ritmo. Trato de defender a
posición pero nos últimos douscentos metros adiántanme tres corredores (un
tamén o fixera na pasada Vig-Bay) e eu paso a outro.
Entro a
meta ao límite. Teño que achegarme a unha valla para que se me pase o amago de
mareo. Despois dun minuto e de recoller a bolsa con bebida e comida, fago o
percorrido á inversa. Vou na busca de Mónica.
Animo a
todos os atletas, especialmente aos coñecidos. Fago, por Rubine, uns metros coa
miña Rabudiña. Téñolle visto mellores caras pero xa pasou a crise e a meta
agrada por ela. Á altura da praza de Portugal vexo a Mónica. Tampouco trae o seu mellor rostro. Ofrézolle bebida e trato de animala para que ela non pense nin
no cansanzo nin nos seus isquios. Non lle paro de falar. Fai un esprit impresionante na meta.
Parabéns.
Ao
longo do percorrido, o apio que se recibe do público é fantástico e de
sobresaliente o comportamento do club de fans do Clube de Atletismo Sada.
Finalmente entrei na meta en 37.43´´ (a ritmo de 3.46´´ o quilómetro cando agardaba facelo a 3.45´´ ou 3.44´´) uns 20 segundos máis lento ca o ano pasado pero (oh, sorpresa) de 4º na categoría (fronte ao 9º de 2011)Remato contento porque non hai molestias e tras esta semana de descanso (só 67 quilómetros) tocará currar na vindeira.
Velaquí as fotos (irei subindo máis aos poucos)
Velaquí as fotos (irei subindo máis aos poucos)
Gran carreira a pesar de entrar ao límite na meta.
ResponderEliminarSaes nunha foto que fixo a minha mulher.
http://www.flickr.com/photos/dietaydeporte/8076473989/in/photostream
Saúdos.
D&D