No meu
plan de adestramento esta é unha semana moi tranquila, de asimilación do
traballo realizado e de ir acumulando forzas. Tras o luns de repouso, o martes
só trotei 20 km posto que non tiven máis tempo e foi imposible facer a tirada
longa prevista. Mércores novo descanso e xoves… a test de 2x6000 ao que lle
teño pánico.
Nunca acadei os tempos deseñados. Teoricamente teño que facer a
primeira serie en 25.00´´, algo nada complicado posto que é o ritmo desexado
para unha maratón, pero a segunda serie habería que facela en 22.20´´, é dicir,
a 3.43´´ o que supón para min correr a un ritmo magnífico dun dez mil en
competición e só competindo podo acadar eses tempos. Nunca conseguín facer ben
esta segunda serie. Historicamente os meus tempos foron 23.31´´ (II-10);
22.31´´ (II-11); 23.50´´ (X-11), 23.17´´ (IV-12) e esta semana foi tamén de
23.17´´. Tras rematar ese test pasei pola quiropráctica. Non había ningún
problema físico pero… recibín tal malleira que o venres foime imposible
moverme. O sábado trote lento, lento, lento para facer 18 km. Pulsacións altas
e as pernas non podían subir o ritmo.
O
domingo fixen un quecemento de 7 km para logo trotar con Pili outros 18. Primeiro
fomos bastante alegres pero como aos dous foinos chegando o cansazo (ela ten falta de quilómetros e eu tiña
molestias no piramidal esquerdo) rematamos baixando o ritmo. Outro quilómetro
máis ata casa.
Total
semanal: 81 km
mentres o Clube de Atletismo Sada enviou esta magnífica representación á Media Maratón de Pontevedra:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión