Pois non sei se xa estou rematando coa pubalxia ou non.
Tras facer unha gammagrafía ósea os seus resultados non foron concluíntes polo que o traumatólogo decidiu infiltrarme (antiinflamatorios localizados no pube). Despois do pinchazo as molestias permanentes ata entón desapareceron ás poucas horas. O médico pediume (non o podo crer!!!) que fixera actividade deportiva, incluíndo o trote, para saber como respondía o corpo. Despois dunha semana da infiltración a actividade foi a seguinte: tres días de trote (en total 19 km) dous días ximnasio para fortalecer abdominais e abdutores e outro día de natación para relaxar toda a musculatura.
Como me atopo? Canso, moi canso pero esperanzado. Toda o
relacionado coa cadeira (desde os isquios ata os piramidais) está bastante
tenso polo que decidín voltar ao osteópata… As molestias no pube aínda non
regresaron. Moi moi amodiño, paseniño, paseniño. Con moita prudencia, cousa que
sabedes, non é unha das miñas cualidades.
Quédanme seis días máis de suave actividade deportiva antes da segunda inflitración...
Quédanme seis días máis de suave actividade deportiva antes da segunda inflitración...
ten calma meu......
ResponderEliminar