Tras a
noite de san Xoán, decidín comezar a nova semana modificando os hábitos, é
dicir, descansando os luns. Busquei unha parella de trote coa idea de facer
unha tirada algo máis longa do normal nestas últimas semanas e a un ritmo moi
cómodo. Elisa aceptou a proposta: resultado 19 km en 1.43´a un ritmo por
quilómetro de 5.25. O percorrido foi desde Montrove ata A Barcala e logo polo
paseo da beira do Mero. Tivemos a honra de cruzarnos co mestre Bernardo (que
porte, que xeito de trotar, que ritmo) Grazas á compaña mantiven un ritmo
cómodo e a cabeza ocupada.
O
martes busquei un percorrido novo (12 km) e o mércores fixen outros 14 con
3x1000: 4.22; 4.03; 3.58´´. O Venres ampliei un pouco o percorrido do martes,
chegando case ata Osedo (grande panadería, por certo)
Finalmente
o domingo, con varias días durmindo menos do necesario con máis cervexas das necesarias participei por vez
primeira na VI Baixada do Monte san Pedro na Coruña facendo un total semanal de
68 km e sen pisar o ximnasio.
O
domingo, tras un fin de semana moi activo socialmente, achegueime ata Visma
para participar na súa proba. Os comentarios dos veteráns nesta carreira eran
ben sinxelos: consiste en subir, subir e subir para logo logo baixar.
Despois
de tomar un café e compartir unha boa charla con Jesús (había tempo que non
coincidiramos), Roberto e Antonio, iniciamos o quecemento coa intención de coñecer parte
da subida. Uns minutos antes da saída fixemos unha foto con case todos os do
CAS presentes (esta Mónica sempre chegando xustiña)
O
platexamento da carreira esta ben claro: ser moi prudente. E así o fixen. Saín
moi amodiño sen preocuparme pola xente que me ía pasando na longa subida
inicial (case oito minutos). Estabilizadas as posición e como me ía atopando
mellor trato, inconscientemente, de acelerar o ritmo. Vexo xa ao lonxe a catro
do CAS… renuncio a achegarme a algún deles.
Tras a primeira gran subida, un pequeno descenso e outra subida ben fermosa: semellaba un porto de alta montaña: curva e contracurva en subida e unha ringleira interminable de corredores por diante e por detrás. Fermosa estampa. Mágoa de foto.
Con Toni detrás. No último quilómetro fun pendente del por se podíamos entrar xuntos...
Tras a primeira gran subida, un pequeno descenso e outra subida ben fermosa: semellaba un porto de alta montaña: curva e contracurva en subida e unha ringleira interminable de corredores por diante e por detrás. Fermosa estampa. Mágoa de foto.
Paso a
algún atleta nas subidas e na parte máis plana manteño a posición. No inicio da
gran baixada fágome o propósito de forzar e de que ninguén me adiante.
Resultados:
7.100 metros en 28.09´´ a 3.58´´ (non está mal para o perfil da proba) sendo o 35º
na clasificación xeral (entraron en meta 320 atletas) e 4º na categoría. Inés e Jesús fixeron podium. Parabéns.
Fotos de Oscar Fresnedo e Victor Alvarez.
NOTA FINAL: Aínda que non estou nun pico de forma, estou contento porque semella que a pubalxia está superada. En marzo fixen 50 km, en abril 164, en maio 216 e en xuño 251.
NOTA FINAL: Aínda que non estou nun pico de forma, estou contento porque semella que a pubalxia está superada. En marzo fixen 50 km, en abril 164, en maio 216 e en xuño 251.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión