Outra
semana na que as pernas nótanse cansas, a cabeza no traballa ben nas subidas,
poucos quilómetros feitos (só 51) mais fixen un día de seis series de 1.000
entre 4.08 e 3.52´´. Son poucas e non rápidas. Sei que debo continuar coas series
pero a cabeciña non é quen darlle ordes de esforzo ás pernas. Que lle imos
facer.
Con
pouco quecemento, saín ao carón de Roberto e aguantei con el uns 1500 metros,
notábame cómodo mais en canto chegou a primeira e curta subidiña xa se me foi e
adiantáronme varios atletas. Como lembraredes a proba de Ordes caracterízase
polas constantes subidas e eu aínda non teño nin as pernas nin a cabeza para
elas, así que en canto apareceu a subida máis longa (case un quilómetro)
decidín cambiar o “chip”, non sufrir e dedicarme a gozar da proba. Así se os
dous primeiros quilómetros foron moi por baixo do catro minutos por cada un
deles, os seguinte fun máis a modo.
Ao
chegar ao quilómetro seis ía en case os 24 minutos. No remate dunha das últimas
subidas pasoume ao velocidade impresionante un rapaz coa camiseta da Marató de
Barcelona. Deume ata medo velo.
Os tres
últimos quilómetros paso a catro compañeiros, na penúltima e curta subida
manteño a posición mais na penúltima e breve recta fun adiantado. Son quilómetros sen sufrimento.
Entro en meta moi contento polo xeito de facer a proba. Resultados: fixen en 36.39´´ para os
9.500 metros é dicir a 3.52´´ o quilómetro. Vendo os resultados do ano pasado
(36.30´´) continuo contento porque non sufrín na proba.
Todos os amigos do CAS melloraron as súas marcas
nesta fermosa proba. Parabéns.
Vídeo da proba a mña entrada, facendo o macarra, está no minuto 10.40´´:
Un placer contar de novo contigo.
ResponderEliminar