A semana foi distinta debido a que o domingo desexaba voltar á competición na Coruña-10, polo que houbo que modificar o plan de adestramentos. O luns so ximnasio, sen Juan nin Pili, facendo abdominais e GAP. O martes regresei ao osteópata (nesta oportunidade con Raquel) para tratar de aliviar as molestias nos abdominais inferiores. Non quero que de novo a pubalxia me volva impedir gozar da maratona de Porto. Polo serán tocou facer dúas series de 5000, sendo o planificado en 22.00 e 20.40; os resultados foron en 21.50 (freándome os últimos metros) e 20.25´´ (sen forzar ao final). É dicir que os tempos saíron mais coma vén sendo frecuente, regresei moi lento a casa. O mércores trote e o xoves fixen a tirada longa: 24 km en 108 minutos. Nunca a fixeran tan lenta…. O venres só 9 km para estirar as pernas e algo de técnica de carreira. O sábado repouso.
Despois de tres semanas volvín competir na Coruña-10… e xan unhas cantas veces no asfalto coruñés… O total semanal foi de 77 kms.
Un pracer ver todo o despregue do Club de Atletismo Sada nos cantóns… cantos nenos e nenas e canto adulto…IMPRESIONANTE. É unha ledicia compartir os intres previos á carreira cos amigos e coñecidos: Blas, Carlos, Braulio, saudar ao mestre Bernardo, a xente do CAS.
Tras facer un bo quecemento, coloqueime moi atrás no meu caixón de saída. Non está Roberto G. Pazos e… fáiseme raro. Vexo diante a uns cantos amigos e a moitos rivais de categoría. Saio moi cómodo porque é imposible apurar máis pola xente que hai. Penso que así é mellor porque irei de menos a máis. Non miro o cronómetro. Decido correr sen miralo e agardar resultados.
Despois do primeiro quilómetro, teño a unhas ducias de metros a Bernardo cos seus colegas (que trío!), a Javier e a algúns atletas da miña categoría. Trato de pensar que non teño présa por ir onda eles. Continúo collendo ritmo e ao chegaren ao alto de Adormideiras (km3) póñome ao carón de Bernardo. Cruzamos algunhas verbas e continúo para diante (sei que volverei ver ao mestre…)
Á altura de Riazor (km6) falo cun atleta e comentamos a posibilidade de tirar xuntos e marcámonos un quilómetro rapidísimo mais ao chegaren á rotonda do Pazo de Deportes déixoo ir uns metros. Tamén pola praia chego á altura de Sole Castro a quen paso na Casa da Auga, e de Javier cos seus problemas de flato.
Canta xente vén por detrás...
Á altura de Riazor (km6) falo cun atleta e comentamos a posibilidade de tirar xuntos e marcámonos un quilómetro rapidísimo mais ao chegaren á rotonda do Pazo de Deportes déixoo ir uns metros. Tamén pola praia chego á altura de Sole Castro a quen paso na Casa da Auga, e de Javier cos seus problemas de flato.
Nos derradeiros tres quilómetros non me sinto con moita forzas mais volvo ir co compañeiro ata o quilómetro final, facemos xuntos a rotonda de Porta Real e comezan a pasarme corredores. Trato de manter a posición. Cando faltan cen metros escoito berros de ánimo para Bernardo quen entra diante de min. É todo un fenómeno.
Na meta aproveito para facer comentarios e saudar aos compañeiros dos derradeiros quilómetros, especialmente con Baltasar (increíble progresión) tamén a Barca e Paula e, finalmente, cos amigos e amigas do CAS. Todos temos moito que contar, son 10.000 metros (hai que dí que en realidade superaban os 10.100) de vivencias, sensacións e experiencias.
Resultados: Fago 37.38´´ (tempo bruto 37.47´´), a 3.46´´ o quilómetro. Entro de 146, sobre 2.400, e de 9 na categoría. Curiosamente é o mesmo tempo ca hai un ano pero con peores posicións (antes foran 94 e 4º) o que indica que a xente que vén por detrás corre moito. Estou ledo polo xeito de correr, sen sufrir. Asumo que non teño sprint (esta semana non traballei velocidade) pero parece que os ritmos están a saír. Ademais, despois de tantos meses parado, dos menos quilómetros que estou a facer... fantástico.
Xa dixen que votei en falla a Roberto e, como non, á miña Rabudiña (tiña permiso). Sei que eles tamén estaba na Coruña...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión