Semana
cutre en quilómetros e en sensacións.
Tras
rematar contento o Coruña-10 iniciei a semana con 5 km a trote para quentar,
algo de T.C. e xa no ximnasio unha hora de GAP e Fitball. O martes recuperei tempos nun
adestramento de 15 km mais as molestias no pube e nos isquios fixéronse moi
presentes. O mércores xa tiña a gorxa mal e non me atrevín a pisar o asfalto. O
xoves fixen a tirada longa semanal con 27 km e pouco máis de dúas horas. Pero a
última media hora foi penosa. Sen forzas, sen pernas. Realmente preocupante. O
venres e o sábado, como a gorxa e o malestar xeral foron moi claros non saír
trotar, gardando forzas para a competición do Domingo. O total semanal foron só
58 quilómetros.
III
Carreira da Auga en Sada
Esta é
unha das probas que organiza o CAS. Canto traballo, canta dedicación, cantas
horas e canto agarimo posto… IMPRESIONANTE.
Cando
cheguei a Sada, case de noite, xa había moitísima xente traballando na
organización do evento. Botei unha man onde me mandaron e ata que me mandaron.
Logo, compartín un café con Jesús.
Cando
iniciaba o quecemento chegou Raúl S., único representante do Panadería d´Osedo
na proba (menos mal que a proba é en Sada…). Trotamos un pouco xuntos e nos
fomos ata os caixóns de saída. O quecemento foi demasiado breve e non coma na
Coruña-10 que teño que cualificar de perfecto.
Saio
ben, diante. Polo paseo marítimo o grupo vaise estirando. Vexo o paso polo
quilómetro dous en 7.10 polo que penso que Jesús non mediu moi ben as
distancias. Durante a saída de Sada aínda me pasa algún corredor e eu tamén vou
pasando a algún. Na longa subida (do km 3 ao 6) gaño algunha que outra posición
e voume achegando a Javier e a Luis (do club de Bernardo).
Paso o quilómetro 5 en 18.00´´ e sigo crendo que está mal sinalizado. Cada vez que hai unha baixadiña, vánseme algo e pásame alguén pero nas subidas recupero. Nos últimos metros da subida miro para atrás e xa non vexo a ninguén. Fago con Javier e Luis o último quilómetro da subida e en canto principia a baixada, voume quedando. Non é que aminore o ritmo, trato de facer o contrario, pero é que os de diante, deixándose caer, vanme sacando 5, 10, 20, 40 metros.
Paso o quilómetro 5 en 18.00´´ e sigo crendo que está mal sinalizado. Cada vez que hai unha baixadiña, vánseme algo e pásame alguén pero nas subidas recupero. Nos últimos metros da subida miro para atrás e xa non vexo a ninguén. Fago con Javier e Luis o último quilómetro da subida e en canto principia a baixada, voume quedando. Non é que aminore o ritmo, trato de facer o contrario, pero é que os de diante, deixándose caer, vanme sacando 5, 10, 20, 40 metros.
Cando
está a rematar a baixada (km 8) noto a presenza dun corredor detrás de min. O
obxectivo será que non me pase. No derradeiro quilómetro e medio vou achegando,
de novo, aos dous amigos de diante. Pero cando eles fan o seu sprint, xa sei
non teño nada que facer, tan só agardar que o ven por detrás non sexa máis
rápido ca min.
Resultados:
fago meta en 38.10´´ (dezaseis segundos por detrás de Javier) e con vintetrés
segundos máis ca o ano pasado (como notei a ausencia de Jesús e de Bernardo) A
media foi de 3.49´´ ao quilómetro. A posición foi 27 sobre 526 e de 3º na
categoría de máis de 45 anos. Tamén, o primeiro grupiño do CAS quedamos primeiros na clasificación por equipos.
Axiña
vou ao coche para coller a cámara e poder tirarlle algunhas fotos a Raúl
entrando en meta.
Estou
contento pola magnífica organización do meu club e polo constante ritmo que
mantiven na proba. Ao pouco tempo marcho para a casa sen poder quedarme á
entrega de trofeos.
Foron entregados a UNICEF, 4.250 euros. Grazas a todos e todas.
Foron entregados a UNICEF, 4.250 euros. Grazas a todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Grazas por deixarme a túa opinión