Despois
de moito tempo regresei á maratón. A última vez que entrara na meta dunha
maratón fora en Porto, alá polo outubro de 2011. Lémbrovos que adestrara moi
ben para a segunda edición da da Coruña (abril 2012) pero una lesión aparecida
na semana anterior obrigárame a abandonar no quilómetro 28 (como doe aínda ese
abandono). Despois preparei a do Porto 2012 pero varios motivos, como unha
pubalxia e alguén nun quirófano, convencéronme de que era mellor non ir. Esa
pubalxia deume moito a lata ata que, por fin a finais de marzo de 2013,
regresei ao asfalto. Desde entón o volume de quilómetros foron os seguintes:
Abril:
164
Maio:
216
Xuño:
251
Xullo:
233
Agosto:
311
Setembro:
319
Outubro:
281
Gardo
na cabeza as boas sensacións que foron aparecendo en agosto, polo que decidín
tratar de adestrar pensando nesta maratona de Porto. Desde setembro as tiradas
longas non me saíron porque regresaron as molestias no pube, nos isquios e
abductores. A pesares dos tratamentos de quiropráctica e osteópata as
molestias, sen non foron a máis tampouco foron a menos. Fixen ben todos os
adestramentos agás, como xa dixen, as tiradas longas.
Na liña de saída, estreando o chandal do CAS
Marcho
para Porto cos ánimos que recibín no Facebook e Whatsapp. Grazas benqueridas e
benqueridos. O obxectivo ben claro: saír a ritmo de tres horas: adiantar a ese
globo, parar a evacuar líquido entre o 16 e o km 20, reengancharme ao grupo e
aguantar ata onde houbera forzas.
Chegamos
a Porto na noite do sábado co tempo xusto para coller o dorsal na Casa da
Música (moitísima grazas Juan polo enorme favor), cear algo (un pouco de pasta) e
para o hotel. Faime moita ilusión atoparme no recibidor do hotel con María
Fernández (meta en 3.42´) do C.E.A. Majadahonda, con quen coincido nos veráns
e quen me recomendara esta maratona hai tres anos.
Como xa é una tradición esa noite durmín fatal. Almorzo dúas horas antes de proba e, tras equiparme, dirixinme ata a saída. Por fin coincido con Javier Fernández, o outro membro do CAS nesta maratona. Tiramos unha foto, compartimos uns minutos e, axiña cada quen foi para o seu caixón.
Como xa é una tradición esa noite durmín fatal. Almorzo dúas horas antes de proba e, tras equiparme, dirixinme ata a saída. Por fin coincido con Javier Fernández, o outro membro do CAS nesta maratona. Tiramos unha foto, compartimos uns minutos e, axiña cada quen foi para o seu caixón.
Con Javier Fernández, minutos antes da saída
Sen
facer nada de quecemento agardo o tempo ata as nove con Xosé Carrera e outro
colega dos Taninos de Ponteareas así como cun colega do Castro de Lobariz de
Ferrol con que xa teño coincidido varias veces no último ano. Creo que se chama
José Antonio Tembras. Comentamos as expectativas: Xosé, prudente quere facer
sobre 3.05´, José Antonio que só leva dous meses de tempada quere facer un
adestramento longo.
Na saída perdo de vista aos meus compañeiros e antes do quilómetro dous collo ao grupo das 3 horas. Nos primeiros metros o xeonllo dereito estaloume unhas cinco veces. Vendo que o grupo é demasiado numeroso, adiántoo e vou uns metros por diante. En torno ao quilómetro 7-8 comparto uns minutos con outro compañeiro do Runaways (Luis Naya meta en 3.03´), do club de Bernardo, ata que o deixo ir porque leva un ritmo demasiado forte para min. Estamos en Matosinhos, onde alguén me saúda. Quen é? Pois nin máis nin menos que Baltasar, de Muros, quen se achegou a Porto para facer a Family Race. Que grande. Desexámonos sorte.
Paso o km 10 en 41.49´´, e o 14 por baixo da hora (primeiros obxectivos cumpridos). Noto algunha molestia no piramidal dereito. Penso que é aínda moi cedo para ter ningún problema. Trato de non facerlle caso porque sei que, máis adiante, terei molestias por todos lados. Xa estamos de novo en Porto.
Polo km 4, con grupo das 3H detrás e a bandeira na muñeca.
Antes
de que me chegue o cansazo decido evacuar líquido no km 17. Pásame o grupo pero axiña me incorporo no grupo das 3 horas. Para collelo fago un pequeno cambio de ritmo. Sorpréndome ver o ben que me atopo. Aproveito para tomarme o primeiro xel. Aquí volvo
compartir uns quilómetros con José Antonio ata que no avituallamento do km 20
fórmase un caos e quédase atrás. Eu continuo co grupo, paso o km 20 en
1.25.26´´ e a media maratona en 1.29.58´´, intre no que se produce un relevo na
persoa que leva o ritmo do grupo. Continuo con eles, cruzamos a Ponte de Dom Luis e iniciamos a percurso por Vilanova de Gaia. Curiosamente todo o grupo
abandona a estrada adoquinada e imos pola beirarrúa.
No
regreso desde Gaia (km 25) voume quedando do grupo pero téñoo a poucos metros.
Na beira do Douro vou perdendo contacto moi amodiño mais paso polo 28 por baixo das dúas horas: outro obxectivo conseguido, "todo vai ben, ánimo", dime a cabeciña. Noto serias molestias no
xemelgo dereito. Tanto tempo sen que se me cargara un xemelgo e vai ser hoxe…
Pero polo menos non son os abdutores e esa será a miña forza. Os quilómetros
non realizados nas semanas anteriores á proba polas enormes molestias nos
abdutores e nos abdominais inferiores (polas noites non era quen de darme a
volta na cama) non aparecen. Sei que vou derrotar a distancia.
Nos
avituallamentos, a partir do km 25, trato de coller algo sólido (medio plátano)
ou de chupar cuartos de laranxa. Tamén collo auga e powerade. Antes do km 30
tomo o segundo xel. A piques de entrar por segunda vez na Ponte de Dom Luis,
Arturo saúdame ao cruzarnos, vai fresco coma una rosa. Desato a bandeira
republicana para que me dea forzas e póñoa no pantalón.
Paso o
km 30 en 2.09.05, moi pouco máis alto do tempo desexado.
Na
subidiña polo túnel abandono a idea de forzar para chegarme ao grupo sub 3
H. Cando iniciamos o pequeno descenso
(km 36) empezo a comprobar que o depósito está na reserva. Vou contando os
quilómetros ata o 40 en dúas metades polo que penso que restan 4 máis 2. O
obxectivo é chegar ata o 40 porque de aí a meta non haberá quen me pare. Pásame
Xosé Carrera, vai coma un tiro. Este tío é una máquina, pon unha velocidade no
corpo ao inicio da proba e así ata a meta. Incrible.
Son
quilómetros en solitario. Ven xente por detrás que me vai pasando. Os galegos
saúdanme por ver a camiseta do C.A. Sada. Se paso a alguén tamén trato de
animalo. A beira do Douro faise dura. Un rapaz (Bruno Muiños, meta 3.12´) do
CAR Marisqueiro vaino pasando fatal. Tratamos de animarnos mais ten que parar
nun par de ocasións para estirar. No km
37 adiántame una rapaza moi nova. Cando chegamos ao océano o vento danos de
cara. Son os momentos máis lentos, máis difíciles, mais non me importa sei que chegarei
á meta, sei que cabeza pode máis ca o corpo. Vou feliz, canso pero feliz.
En
canto paso o km 40 (2.58.26´´) sei que falta moi pouquiño para xirar á esquerda
e subir pola avenida Boavista. Gardo forzas. O vento da de costas. Cólleme José
Antonio animándome a ir con el. Quédase uns metros comigo pero insístolle que
se marche. Despois da subidiña xa está meta. Vou moi ledo. A marca non importa. Entro cun enorme sonriso na meta.
Fago
meta en 3.10.33´´ tempo bruto e 3.10.13´´ tempo neto. Teño a posición 253 e a
23 na categoría.
A cabeza derrotou ao corpo. Xa non hai medos. Xa está outra maratona rematada. Sei que podo coa distancia. Sei que se a cabeza quere, o corpo responde. Ben, ben, ben. Non houbo pensamentos negativos de derrota durante os 42.195 metros. A cabeza sempre enviou estímulos positivos. Fenomenal. Non sei como a cabeciña quere este corpo e como este corpo soporta a esta cabeciña.
Con Xosé Carrera, todo un mestre controlando ritmos.
Cruzo
meta. Non hai ningunha molestia, ningunha rozadura, nada. Isa está agardando por min dentro do recinto de atletas (pasouse una hora
na zona vip: cadeira, café, pastas…) Saúdo a Xosé Carrera e felicítoo pola
magnífica proba realizada. Coñece o seu estado de forma e márcase un obxectivo
axeitado. Eu non sei correr así. Tiramos una foto. Tamén saúdo a José Antonio.
Impresionante. Collo unha cervexa negra. Nova medalla (seguindo coa miña
tradición pídolla a una rapaza con bico incluído). Nova mochila con camiseta
técnica e una botella de reserva de Porto. Saúdame Pablo do Runaways que está
en Porto en representación de Coruña-42. Mentres agardo polos físio falo con
Noelia, a irmá de Inés. Agarda comigo uns 20 minutos. Moitísimas grazas. Isa
ten toda a paciencia do mundo.
Xa de regreso no hotel
A proba
tivo moito máis público ca hai dous anos. A organización mellorou moitísimo. Só
una pega: había tres prazas para as fisios…
O
público berraba : corragem e força… Pois iso.
Enhorabuena Toño!!! Gran resultado, y gran Cronica. Ahora a descansar un poco y ya a pensar en la siguiente.
ResponderEliminarSaludos
Alberto Morlan
Superenhorabuenaaa!!! un gran logro y una gran crónica ;-). Begoña
ResponderEliminarNoraboa pola carreira e pola crónica, non sei se sería quen de correr con tantas molestias no corpo como os que levabas.
ResponderEliminarPolo que me toca agradezo de corazón as túas palabras, ruborízanme as túas verbas sobre min, xa leras na miña crónica e verás como a cousa saíu ben pero por casualidade jeje. Saúdos.
Realmente emocionante. Para ti a carreira e para min a crónica. Grazas por compartila.
ResponderEliminarElisa.
Siempre sorprendiéndome gratamente con tu perseverancia y crónicas.
ResponderEliminarEnhorabuena campeón !!!
Un abrazo
Juan
Moitos parabéns Toño,foi un pracer falar contigo!!Un bico
ResponderEliminarNoelia
Moitas grazas, benqueridos e benqueridas.
ResponderEliminar